Galicia e os galegos na poesía castelá XCV. Cervantes

imagesRomán Arén. Malia a súa probable orixe galega, que mesmo algúns deducen do Quixote, sen ter visitado nunca Galicia, Cervantes Saavedra manexou moitos dos tópicos negativos sobre o noso país. Deixando á parte La tía fingida, no vela que se lle atribúe (e hoxe case todos cren que é súa), onde figura a famosa frase “los gallegos no se colocan en predicamento porque no son alguien”, en La señora Cornelia os galegos estamos por debaixo dos biscaíños: “(Galicia)” nación, según es fama, menos puntual y bien mirada que la vizcaína”. No Quixote andan tamén os galegos, ondo somos “gente soez y de baja ralea”, aínda que logo os “galegos” se convertesen en “yangüeses”, pero as xacas seguiron en “hacas galicianas”. A corrección fíxose na segunda edición de 1605. a mala fama das “galegas”, lixeiras de cascos, é moi evidente en La señora Cornelia, onde a criada é fea e galega:

Salga la hermosa Argüello/moza una vez, y no más,/salga la más carigorda/dé dos pasos hacia atrás./De la mano la arrebate/el que llaman Barrabás,/andaluz mozo de mulas,/canónigo del Compás./De las dos mozas gallegas/que en esta posada están,/salga la más carigorda/en cuerpo y sin delantal…

Se non coñeceu Galicia, a opinión sobre o noso país víñalle a Cervantes da “vox populi” e da literatura, mais tamén da literatura popular, moi empregada na súa obra (refráns) e é un iniciador do tópico que usará a literatura ata Mesonero Romanos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>