De froitos e gustos

FESTIVAL NOITES DE JAZZ 2018-Cartel defAntón Riveiro Coello. Ás veces, como por arte de maxia ou polos misterios do azar, as musas parecen asentarse nun determinado territorio e danlles a algúns dos seus habitantes azos e habelencia para a escrita, a música ou o deporte. Así, lugares aparentemente pequenos como Padrón, Mondoñedo ou Celanova son quen de fecundaren almas sensibles que cantan a terra e a paisaxe nos seus versos. O caso de Rianxo supuxo un fito importantísimo, porque esta fermosa vila é berce de grandes escritores que sementaron o herdo dunha xenética que aínda hoxe segue a dar os seus froitos. Poderíase dicir que nesta vila hai literatura para todo un país. Pero teño claro que isto non xorde de xeito espontáneo, senón por unha tradición que se vai configurando no tempo. Por exemplo, non fai falla ser un observador profesional para reparar en como o verán expresa os gustos da veciñanza á hora de planificar as festas e as actividades de lecer. Estou convencido de que é a propia xente a que acaba condicionando a programación cultural e deportiva que se tece nas concellerías de cultura.feira-libro-rianxo-2018-programa-1-734x1024 Indo a casos concretos que teño máis de preto, por proximidade e nacenza, sei que a proliferación de gaiteiros en Xinzo de Limia se debe a que hai un conservatorio cun excelente director que domina o oficio, que na aparición de grandes deportistas do remo e do voleibol en Boiro hai profesionais detrás que alentan día a día, ou que detrás do amor pola música en Rianxo están casas ateigadas de instrumentos que non deixan de ensaiar. Por iso, deixando que cada vila dea os seus froitos, o mellor é ser un veciño itinerante coma min, que no verán teño a alma máis rianxeira, aínda que só sexa pola feira do libro e unhas interesantes noites de jazz que cadran máis cos meus gustos.

 

Un comentario en “De froitos e gustos

  1. No sé si es por arte de magia o debido a los misterios del azar tal como tú mencionas, Antón, pero sí, nuestro territorio es pródigo, efectivamente, en la habilidad con la pluma. Las musas y las meigas creo que son amigas íntimas.
    Ahora voy a comentarte algo que probablemente tú ya sepas pero que viene a colación. Hace algunos meses leí que Dublín fue declarada Ciudad de la Literatura por la Unesco.
    ¿ Debido a qué? pensé yo, pero al seguir leyendo me percaté de que ese premio era muy justificado y merecido. Ahora cito el motivo: Congreve y Sheridan, fueron importantísimos dramaturgos, uno del siglo XVIII y el otro del XIX. Los dos eran de Dublín, como lo era el autor de “Los viajes de Gulliver” Jonathan Swift. También nació en Dublín Oscar Wilde . El gran Bernard Shaw, “Pigmalión”, era también dublinés y obtuvo el Premio Nobel en 1925. A estos grandes autores podemos añadirle a Samuel Beckett con obras como “Esperando a Godot” que también fue merecedor del Premio Nobel en 1969. James Joyce, el padre de “tu” Ulises, Antón, por supuesto todos sabemos donde nació. Bram Stoker, el creador de “Drácula” también era dublinés. Aún nos queda otro premio Nobel por mencionar, William Butller Yeats, el gran poeta de leyendas irlandesas. Recibió el galardón de la Academia Sueca en 1923.
    Pero la lista de escritores dublineses no es algo del pasado, Maeve Binchy lleva más de cuarenta millones de ejemplares vendidos.
    Otra dublinesa Anne Enright nos dice:” En otras ciudades la gente inteligente sale y hace dinero. En Dublín, la gente inteligente se queda en casa y escribe libros”.
    Probablemente esto ha ocurrido y ocurre con la raza evolutiva gallega, y con esa pizca más de sal en Rianxo.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *