Anibal e a Pintora, de Xabier Paz

anibal-e-a-pinturaXerardo AgraFoxo. Esta novela está baseada nun feito real, pero antes de explicalo convén saber como se reconstrúe o seu argumento. A obra está alicerzada a partir de tres vértices: Anibal, un profesor de matemáticas que vive nas marxes da sociedade (“A súa misantropía gardaba soterrado un pasado lacerante”), Ela, a Pintora, protagonista dos seus papeis e das súas obsesións, e o narrador da historia (“que conta o que sucedeu logo de morrer o meu amigo Anibal Moreda”). A través destes tres eixos coñecemos a vida de Ela, Artemisa Gentileschi, a pintora italiana violada  un día de maio do ano 1611, cando só tiña dezasete anos, por  Agostino Tassi, un amigo do seu pai, que se comprometeu a casar para que a moza evitara a vergonza pública. Grazas a esta curiosa aposta literaria podemos coñecer as reviravoltas biográficas dunha muller esquecida ata hai pouco pola historia oficial.  Deste xeito, Anibal e a Pintora (2017) convértese, amais dun axuste de contas, nun relato que destaca pola excelente recreación do mundo do barroco, e a reivindicación dun personaxe que, despois de ser vítima da violencia de xénero, conseguiu voz propia nun mundo dominado polos homes.

É dicir, unha novela sobre a xente aldraxada que loita contra os abusos do poder. Unha crítica soterrada contra o “feminicidio”. Un sopro de aire fresco para calquera amante da pintura. Un libro ideal para levar a Roma, Florencia ou Nápoles. E un capítulo, o da violación, tan memorable coma arrepiante. Por último, un manexo da lingua digno de admiración e envexa.

Un comentario en “Anibal e a Pintora, de Xabier Paz

  1. “Vaites, vaites, con Agostino”. La carencia absoluta de la moral hacia la mujer en tiempos que campaba a sus anchas la inmoralidad, estaba garantizada. El hombre no aceptaba el crecimiento intelectual de la mujer.
    La novela, promete.
    Gracias, Xerardo.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>