Das augas de Carballo ao Pazo de Meirás

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Fidel Vidal. O feito de se atopar no estranxeiro cun veciño ou escoitar música da casa, resulta sorprendente ao tempo que agradable. Iso pasoulle a Emilia Pardo Bazán no percorrido de xornalista pola Exposición Universal de París de 1889, ao dar cun nome ben coñecido dela: “Leo con estremecemento de grata sorpresa: ‘Augas minero- medicinais de Carballo, provincia da Coruña’. O empregado que me ensina a Sección me advirte: ‘Están premiadas’. E nun instante, aquela etiqueta colocada sobre unha instalación pequena e elegante, evoca todo o panorama, non só da terra, senón do recuncho natal: Marineda presa entre dúas zonas de auga salgada, e os amigos e os veciños e a vella e tortuosa rúa de Tabernas, todo, en fin, coa máxica potencia da memoria excitada polo sentimento”. (Ao pé da torre Eiffel).

Por curiosidade entro en internet preguntando polas augas termais de Carballo, e dou coas ofertas dos balnearios e unha nota que fala do TIPO DE AGUAS: “Ofrece augas sulfurado-sódicas bicarbonatadas de mineralización débil, que emanan a unha temperatura de 42 °C. Foron recoñecidas polo Tribunal de Augas de París como unhas das mellores de Europa a finais do século XIX e declaradas de utilidade pública en 1928”.

maxresdefaultPero hoxe quería convidarvos á lectura dun clarificador artigo escrito polo maxistrado emérito do Tribunal Supremo José Antonio Martín Pallín titulado “Dona Emilia debe volver ao seu Pazo” (Público, 17-7-2018). Nel conta a historia do Pazo e argumenta, nun estilo que non ofrece dúbidas, a ilegalidade das transaccións e da situación actual respecto do mesmo. Emilia Pardo Bazán, “unha das escritoras máis relevantes da literatura española e galega, que merecería o Premio Nobel soamente pola súa novela Los pazos de Ulloa”, casou na capela das Torres de Meirás, como era coñecida a construción, e na que  “pasaba varios meses ao ano. Traballaba na torre que chamou ‘da quimera’, onde tiña instalada a súa biblioteca, que permaneceu alí trala ‘doazón’ do edificio á persoa de Francisco Franco”.

“Tanto a adquisición como a doazón, desde a súas orixes, estiveron viciadas por  irregularidades políticas e xurídicas. Non se cumpría ningún dos requisitos que o Código civil, vixente na época, esixía para la validez de los contratos. A compra require o consentimento do vendedor, que nunca prestou e as doazóns esixen unha causa ou motivo lícita e moralmente aceptable polas normas de convivencia que as xustifiquen. O ilícito da causa da doazón produce a nulidade da mesma”.

9788437615370“Resulta desmoralizador e até deprimente que en pleno século XXI”, remarca Martín Pallín, “se poida atribuír calquera dereito lexítimo, baseado nun golpe militar contra a democracia, aos herdeiros dun ditador ao que os avatares do destino librárono dunha sorte semellante á dos seus conxéneres Hitler e Mussolini”. E conclúe cun edificante e suxestivo consello: “Baixo as anchas bóvedas que albergan a biblioteca, os libros claman pola volta da súa dona. Cumpriríase un anhelo soterrado durante a ditadura e emerxente nos momentos presentes. A única forma de desterrar as fantasmas do pasado, é converter o Pazo de Meirás, nun centro de estudo e investigación que se dedique a exaltar as letras e a cultura galegas. É urxente e ineludible que se restaure a ‘quimera’: Dona Emilia debe volver ao seu Pazo”.

2 comentarios en “Das augas de Carballo ao Pazo de Meirás

  1. Siempre es un placer leerte, querido Fidel.
    La idea de Martín Pallín me parece muy razonable; todo lo que sea enaltecer nuestra cultura, es bueno y deseable, ojalá que doña Emilia tenga nuevamente esa torre “da quimera” y que no se quede en eso, en una utopía como el nombre que llevaba ese torreón.
    Hace unos años, J M. y yo fuimos a visitar a la familia de mi suegra a Luarca y me interesé por conocer la casa de don Severo Ochoa, tal fue mi sorpresa al encontrarme con una cetárea en dicho edificio. ¿ No sería más conveniente una casa museo ?
    Como apuntaba Carlos Reigosa, “el nuestro es un país que se mueve en ese espacio extraño entre el tercer mundo y el quinto carajo…”.
    Besiños palmeiráns, queridísimo Fidel.
    SON ROBOS Y SOBORNOS.

    1. O pracer é meu, Magdalena, ler as túas sempre interesantes aportacións. Pois non haberá en Asturias costa suficiente onde instalar unha cetárea? Xa ves. Tivo que ser no mesmo lugar que lle correspondería -e moito mellor-, a un estímulo científico e cultural desde a memoria de Severo Ochoa. E nós tamén. Seguimos a andar polo quinto carallo, como di Reigosa.
      Saúde e leite con galletas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *