Poemas asasinos

poemasX. Ricardo Losada. Hai días que escollo ás cegas na miña biblioteca persoal un libro de poesía, ábroo ao azar, aprópiome do primeiro poema que apareza e lévoo a pasear comigo. Se é moi curto, memorízoo; se é extenso, escríboo a man nun papel. O outro día levei este poema de Manuel Antonio: “Os habitantes d´a cidade que o / arquiteuto leva n-a cabeza / viven n-o planeta que non des- / cobriron os astrónomos”. Pode que máis que un poema sexa un aspirante a poema, ou nin sequera iso (apareceu escrito a lapis nun papel sen firma e sen data), pero a min, como a maioría dos poemas do rianxeiro, encántame. Reflicte moi ben, e en moi poucas palabras, problemas filosóficos de gran profundidade como a relación entre o subxectivo e o obxectivo, o científico e o artístico ou o real e o ideal.

Para máis o poema tamén revela claramente a dimensión na que se move a poesía de Manuel Antonio. Non está interesado nos seres vivos ou inertes que poboan os planetas do sistema solar. Os seres humanos, o mar e a chuvia que tanto aparecen nos seus poemas son os seres humanos, o mar e a chuvia que habitan a súa cabeza, e non os que ningún antropólogo, biólogo mariño ou astrónomo poden estudar.

Aos 15 anos, sendo estudante en Santiago, Manuel Antonio escribiu esta misiva escolar: “Cando vaya para a aldea / moito teño que contar / que temos un catedrático / que sabe moito ¡la mar! / que posto de espricación / nada lle ten que envidiar / o talento mais… talento / que se oyeu nunca espricar / en fin qu´estamos n´a groria / cando se pon a falar / ¡Lástima d´unha centella / que o había de matar”. Menos mal que Manuel Antonio non censou os habitantes da súa cidade mental en cidades reais. Sendo tan mal estudante como era, e dado o nivel dos profesores que tivo que padecer, se lle dese por censar as centellas dos seus poemas nas cidades onde estudou, hoxe recordariámolo, non como poeta, senón como asasino en serie.

7 comentarios en “Poemas asasinos

  1. Querida Carmen: A mí me la recitaba, pero mi MADRE, cuando era niña. Va con mayúsculas porque, como otras muchas, ha sido una gran MADRE. Por eso, cada vez que lo hacía, era tal la congoja que me invadía…que rompía a llorar. Aun así, me encantaría hacerme con el libro de “Las niñas grises” de Villaespesa.- Con los años una coge “callo”.- Digo esto por la llorera, ya que no creo que a estas alturas de mi vida…rompa a llorar. Buena tarde a todos.

  2. Prezada Carmen:

    Recoméndoche moi vivamente a poesía de Manuel Antonio, sabendo que é posible que che decepcione, como lle pasa a moita xente. Pero é un deses autores que, como ben di Magdalena, se lle dás varias oportunidades, acaba mostrándoche unha sensibilidade moi especial. A min pasoume. Cando o lin por primeira vez, pareceume pedante e artificial, pero, ao mesmo tempo, percibín na súa poesía unha autenticidade e sinceridade que non atopaba noutros poetas que si entendía e admiraba: Antonio Machado, poño por caso, parecíame a veces demasiado “sospeitosamente” empático.
    Respecto a memorizar poesías, direiche que eu son partidario de que Teatro sexa unha materia obrigatoria no ensino, desde infantil ata a Universidade. Creo que non necesito explicarche as razóns. Ou si, dirichei unha: é probable que dese xeito o teatro non fose obrigatorio na política.
    Encántanme os teus despistes e as túas anécdotas.
    Apertas preguadalupeiras (unha semana despois xa estamos agardando as do ano que vén). Por certo, gustoume verte nas festas de Guadalupe deste ano, na rúa onde naceu Manuel Antonio. Quizais…

  3. Esperaré con ansias ese relato, sé que tú fabulas más que un niño, y te contesto lo que Julio Anguita le dijo a otro político: ” Yo sé que usted es un perverso, pero honesto, y no va ha descontestualizar lo que yo he dicho”.
    Espero esa “interferencia” humorística.
    Besiños, querido profesor.

  4. Tes moita razón sobre a memoria, e a medida que pasan os anos, decátaste con máis intensidade. Traballando sobre Manuel Antonio confirmeino. É moi distinto ler un poema que telo paseando pola túa mente, liberado de soportes físicos. Só así se atreve a serlle infiel ao autor.
    A anécdota que contas sobre “La canción del pirata” é moi fermosa. Dá para un relato, pero non sei se me atreverei a escribilo. Teño medo de interferila co meu sentido do humor, e seguro que queda mellor con outro enfoque.
    Entendo esa visión que tiñas de Manuel Antonio, pero non se axusta á realidade. Era moi retranqueiro e irónico, de aí o seu gusto polas vangardas. Na miña biografía intento deixalo claro, xa que é un aspecto moi importante en De catro a catro, un libro no que a ironía está tanto como radiación de fondo como en inumerables detalles.
    Non te podes imaxinar a ilusión que me fai que compares a miña imaxinación coa dun autor de contos para nenos!
    Apertas posguadalupeiras

  5. Me he pasado gran parte del día intentando meter el anterior comentario, lográndolo después de infinitos intentos. Lo malo es que a cada rato me avisan que estoy expuesta a perder todo el contenido del disco duro… Con lo que me ha costado entrar en Café Barbantia y, encima, que se me haya adelantado Magdalena…
    Mi memoria se resiente cada día y ya no logro fijar más de una línea. También escribo en hojas sueltas. Lo malo es que acabo extraviándolas y suelen aparecer al cabo del tiempo, cuando ya no tienen valor.
    Hace ya muchos años mi materia gris estaba intacta y memorizaba lo que me echasen: todavía tengo grabadas La canción del pirata, de Expronceda; A Margarita, de Rubén Darío; Corriendo van por la vega, de Zorrilla; Las niñas grises, de Villaespesa… (Esta última es muy especial para mí, porque me la enseñó mi abuela y, además, con ella me ocurrió una experiencia que casi pudiera considararse paranormal). Muchísimas más. Lo que se aprende de niño, no se borra.
    En realidad, este añadido era para desearos buenas noches, que se me ha olvidado en el comentario anterior.
    Felices sonos.

  6. Querido profesor:
    El poema de Manuel Antonio me trae a la memoria una situación en la que se vio Verdi, niño, mientras ayudaba a misa en Roncole, su pueblo natal. Ensimismado en sus fantasías, no respondió al “dóminus vobiscum” del cura que oficiaba la misa. Éste -que también debía de ser de armas tomar- le arreó tan tremendo sopapo que el chaval rodó por las escaleras del altar. Al levantarse, rezongó en dialecto roncolés: ”¡Hasta mal rayo te parta!”.
    No sé si casualidades de la vida (teniendo en cuenta que las tormentas son muy frecuentes en aquella zona del Po); pero ocurrió: años más tarde a este cura lo mató un rayo, junto con algunos feligreses, mientras decía misa. Cuando Verdi (mi compositor operístico preferido), ya adulto, se refería al suceso, solía decir algo así: “Fijaos si tengo poder mental que, con solo desearlo, puedo matar”. (A mi juicio, un comentario bastante despiadado).
    Me acuso de no conocer la poesía de Manuel Antonio. Por lo poco que hoy he leído, me parece una poesía simbólica vanguardista llena de vitalismo, con sugerencias de imágenes y realidades nuevas. Me gusta. Seguiré leyéndola y meditándola.

  7. Buenos días, querido profesor:
    Antes de hablarte del final de tu entrada debo decirte que la idea del comienzo me parece excelente. Solo le falta el tiempo a quien no sabe aprovecharlo, y lo de memorizar, es muy bueno para la salud mental. Recuerdo que hace muchos años cuando leí “La canción del pirata” me gustó tanto, que mientras hacía la cama, ponía el libro encima de la mesita de noche, y cada vuelta que daba a su alrededor leía una estrofa. Creo que cuando aseé la tercera habitación, me pareció ver en la cara de Espronceda el regalo una sonrisa a modo de aprobación al recitarla escoba en mano mirando solo para su fotografía. Hoy sería incapaz, las neuronas merman con el tiempo, pero nunca debemos de dejar de intentar el querer ampliar el horizonte de nuestras ideas.
    Manuel Antonio, es uno de los autores que te obligan a leer sus textos varias veces para poder asimilar su valioso contenido, y eso es bueno para el lector.
    Me hizo mucha gracia la “misiva escolar”, lo había considerado una persona con ciertas carencias humorísticas, pero veo que no.
    El final, el final de tu entrada, ¡ Dios santo! Llevas más imaginación encima que un cuento para niños. Que ya es tener inventiva.
    Querido José Ricardo. (Me voy para la cocina riendo, seguro que el menú de hoy va a salir espectacular). Besiños palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *