Nostalxia

como-superar-la-nostalgia-del-pasadoFidel Vidal. “A nostalxia é unha tristeza invencible que se enseñora da alma”, di Carlos Gurméndez (Dez sentimentos clave, FCE, 1997), “derivada do sentimento de melancolía que crea a amada perdida, os amigos distantes ou a morriña da terra deixada tralo inabarcable horizonte” (p.48). Entrada directa no ámbito galego, na que se estende Carlos Gurméndez: unha das súas formas é a soidade, que o autor describe como “pesadume de sentirse abandonado”, pobrísimo, sen ninguén cabo del nin lugar onde acollerse. Neste punto cualifica a poesía galaico-portuguesa como “ontolóxica: a soidade como carencia, privación, limitación orixinaria”.

E menciona a Amor Ruibal coma o filósofo que, na soidade, intúe “unha constitutiva comuñón de todos os seres, `correlacionismo´ do que nace o sentimento saudoso como vinculo inmediato do home co Ser, encontro radical co Cosmos vivinte”. Un sentir non reflexivo, unha predisposición anímica do home situado no mundo cos outros, o que Heidegger chama “Mitsein”. E engade: “Este sentir ontolóxico concrétase na nostálxica ansia de regreso”. Todos suspiran, todos/ por algún ben perdido (Rosalía de Castro). “O saudoso é consciente do mal que sufre e cae vencido na pasividade melancólica” (p.48).

Seguindo a Torres Queiruga -admirador e estudoso de Amor Ruibal-, di que a Saudade relaciónanos co Absoluto. Sentido deste xeito, é tamén “nostalxia resignada, canto para ir ao encontro do ausente, tentativa de viaxe ó infinito: As frores do meu amigo, briosas van no navío (…) idas son as frores/ de aquí ben con meus amores (Payo Gómes Chariño, Cantigas)” (p.49).images O poeta saudoso reflicte en versos sinxelos e limpos o seu pesar, “vive unha afectividade que se recrea e cultiva no sabor da pena”. Mais a saudade, afirma Teixeira de Pascoaes, inclúe a esperanza de realizar a lembranza dun futuro. Dúas forzas en conflito: unha creadora (a esperanza) e outra perturbadora (o recordo), que son “a esencia da nostalxia cuxo desexo profundo, arrebatado chímpanos á existencia e á Historia” (p.50).  Continuando coas significacións da saudade na poesía galaico-portuguesa, apunta señardá (señardade), como a soidade que “poboa de inmensidade ao que está ensimesmado” en palabras de Aquilino Iglesia Alvariño, e ermo, “angustia con punzante delicia”.

Cómpre adestrarse nas despedidas, mellor aínda, para non sufrir é necesario evitar os vínculos, unha medida preventiva non sempre fácil de cumprir, xa que logo, agás os eivados psíquicos, nin o raciocinio nin a vontade son quen de gobernar os sentimentos. “Vivir -escribe Rilke- é non atarse a nada visible, nin vincularse definitivamente a ningunha criatura humana”. Pero non abandona o camiño porque, estando un a despedirse acotío de todos os sentimentos, só é “para vivir outros novos”. E apostila: “o home realiza o seu destino sen volver a mirada atrás, proxectándose cara ‘á Terra invisible’, coa nostalxia de atopar nela a verdade do seu ser auténtico”. (p.53)

 

 

2 comentarios en “Nostalxia

  1. Querido Fidel: Yo creo que más que la pesadumbre de sentirte abandonado cuando estás en tierra extraña, es la añoranza, la tristeza, de ser tú el que abandonas ese vínculo que tanto amas pero al que tienes que abandonar dejando atrás a tus seres más queridos, a la carne de tu carne, a tus amigos, a tu gente, e incluso sientes morriña de las pequeñas rocas de nuestro litoral a las que comparas con esas altas montañas con las que ahora compartes tu existencia y que te impiden ver el horizonte.
    “Vivir, es no atarse a nada visible, ni vincularse definitivamente a ninguna criatura humana”. Pero el mismo Rilke también decía: ” La verdadera patria del hombre es su infancia”.
    Besiños palmeiráns.

    ANULA LA LUZ AZUL A LA LUNA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *