Meigas e marisco

BO20C1F2_21223Francisco Ant. Vidal Blanco. En certa ocasión, invitado a unha mariscada en Madrid por mor dun asunto laboral, un dos comensais, diante dunha fonte de nécoras, aseguroulle a Xulio que iso para el debía ser a comida de cada día, polo simple feito de ser galego. Sorriu diante da inocente aseveración e estivo tentado de comentarlle como na nosa bisbarra había unha frase para definir a pobreza das familias a mediados do século pasado: só comen nécoras. Tamén se lembrou daquel conto dos rapaces que atoparan unha centola que lle caera a un camión de marisco en dirección a Madrid, preto de Becerreá, e como era un becho moi raro naqueles lares, experimentando ou xogando con el foi dar ó pote do caldo. Cando os da casa viron aquela cousa vermella no medio das verzas, chamaron ó boticario, quen, sacándoa para un prato, foina papando coa desculpa de que a estaba analizando para saber se podía darlles permiso para tomar o resto do cocido.

Temos colgados un feixe de sambenitos que nos converten nunha especie de raza diferente na mentalidade dos demais poboadores deste reino, pero de todos eles, tal vez o máis interesante (ou absurdo) é pensar que habitamos unha terra de meigas, fantasmas e cousas polo estilo. ¡Santo poder das lendas!. Para algún forasteiro, nós somos algo así como unha panda de Santa Compaña en que vivos e mortos xogan ó tute e falan dos asuntos da vida coa mesma naturalidade ca calquera outros veciños en calquera parte do mundo. Os vivos e os mortos viaxamos no mesmo autobús e ata vemos xuntos os partidos do Celta, a quen hai algúns anos acusaban desde a prensa de Madrid de ter unha meiga en nómina dada a boa racha que levaba. E certamente, unha boa parte deses atributos son culpa nosa, do moito que presumimos do noso marisco, pero tamén do moito que pregoamos o esconxuro da queimada, pois non hai beberaxe mellor ca aquela que se acompaña de todo un ritual. ¡Que non sería o gintonic se os camareiros operasen na barra do bar como un meigo diante da apócema dun esconxuro!.

Ó final non sei se o que máis lles apeteceu foi crer que estaban diante dun galego que cría en fantasmas ou que a fantasía así narrada é un atractivo máis para todo turista, como pode ser o marisco ou unha foto a carón dun hórreo.

Un comentario en “Meigas e marisco

  1. Querido Francisco:
    Si mi memoria no me juega una mala pasada, el marisco más barato eran los berberechos. Y ¡menudo precio tienen hoy! Al menos los enlatados de cierta calidad -que son los que compro sólo en ocasiones-.
    Por desgracia, el marisco que nos sirven hoy en los restaurantes gallegos ya no es lo que era: muchas veces se importa de otros países. Del capturado en nuestras costas poco se queda en la región, emigra a los lugares en los que se vende a precios desorbitados.
    Al principio no tenía claro si la anécdota del monje Guillermo se refería a Gaiferos de Mormaltán (que para mí era lo más lógico); pero luego caí en la cuenta -puesto que uno de aquellos monjes también se llamaba Guillermo- que más bien pudiera tratarse de uno de los monjes andariegos, que viajaban de convento en convento portando el rollo en el que estaban escritas las andanzas de los integrantes de la orden que pasaron a mejor vida.
    Muy ameno tu artículo, aderezado con ese humor socarrón que es privilegio de los gallegos. (Espero que lo de “socarrón” -¡ya me gustaría gozar de esa prerrogativa!- no te lo tomes en el sentido en el que una de nuestras políticas se tomó lo de “gracejo”).
    Gracias a los artículos de Café Barbantia, no paro de hacer visitas a la Gran Enciclopedia Gallega a la que casi no acudía desde su edición, allá por el año 74.
    Un abrazo grande.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>