Nas portas da África subsahariana

O Andel. O pais sen fronteiras. ImaxeRomán Arén. Esta é a historia dunha viaxe a través do Senegal que durou os trinta días de novembro do ano 2016. Levando na mochila unhas cartas comprometidas, o autor visita en primeiro lugar Dakar e Saint Louis, onde residira Antoine de Saint-Exupéry,  para despois internarse na cidade santa de Touba e comezar unha adaina solitaria pola sabana africana coa intención de coñecer o País Bassari, onde viven as tribus máis antigas de África Occidental, percorrer a conflitiva rexión de Casamance, cruzar nunha caravana de esfarrapados o río Gambia, antes de mergullarse nas augas convertidas no punto de fuxida dos cayucos, e explorar nos derradeiros días da súa aventura o mosteiro de Keur Moussa, o Lago Rosa e a evocadora illa de Gorée, punto de embarque dos escravos que remataban nas plantacións agrícolas americanas.

Cun caderno nas mans e camuflado nas camionetas máis estrafalarias, Xerardo AgraFoxo, despois de publicar Viaxe á última revolución (2016), onde narraba o seu periplo por Cuba,  percorre agora sen rumbo fixo un territorio do continente africano, un lugar  ateigado de vitalidade, paisaxes abraiantes e problemas sen resolver.

Un comentario en “Nas portas da África subsahariana

  1. Estimado Román:
    Cuando niñas, mis amigas y yo, influidas por las pláticas de los misioneros que venían a contarnos sus andanzas por tierras de África, nuestra mayor ilusión era poder marchar algún día hacia aquel país tan necesitado de ayuda material y espiritual. Hasta hubo una etapa en la que guardábamos nuestros ahorros en una hucha con la vana ilusión de poder costearnos el viaje hacia aquellas tierras (algo tuvo que ver la película “La mies es mucha” y otras por el estilo); dinero que al final acababa en las huchas del Domund.
    Creo que hoy, si tuviese la oportunidad de retroceder en el tiempo, seguiría pensando lo mismo; pero desde otra perspectiva, tal vez un poco menos espiritual y más humana.
    Envidio a Xerardo Agra Foxo.
    Saludos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *