Antonio Basanta. Leer contra la nada

LeercontralanadaPilar SampedroPoucas persoas poden falar de lectura coa bagaxe acumulada de Antonio Basanta; o que foi presidente da Fundación Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) e hoxe vicepresidente e padrón, leva toda a vida traballando coa lectura, facendo posible a creación de expertos e expertas, construíndo bibliotecas e centros de estudos, casas do lector, publicacións… e todo o que resultaba necesario para a creación da sociedade lectora que tanto el como o fundador de Anaya e da FGSR defendían. Ninguén coma el ten seguido tan de cerca a evolución dos libros e a lectura neste tempo, como demostran os máis de 30 libros educativos relacionados coa promoción da cultura. Basanta é un referente en bibliotecas, edición, lectura, políticas culturais e fundacións culturais. Foi docente e o seu centro converteríase en banco de probas da colección xuvenil “Tus libros” de Anaya; a raíz desta experiencia coñece a Germán Sánchez Ruipérez que lle ofrece entrar no mundo editorial en 1980, e onde continuará como director de coleccións e editoriais do grupo. En 1998 céntrase na Fundación e, con ela, no desenvolvemento do Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil en Salamanca, o Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas (CITA) de Peñaranda de Bracamonte e, na actualidade, a Casa del Lector en Madrid.

O libro, Leer contra la nada, é unha xoia, presentada no pequeno formato co que Siruela edita a súa “Biblioteca de ensayo”. Neste volume, Basanta faise acompañar de moitas voces que teñen reflexionado e feito declaracións sobre a lectura, desde literatos a estudosos e científicos, dos que recolle citas para ampliar o espectro de opinións e argumentacións. É unha das súas características: a xenerosidade en calquera das súas formas, o recoñecemento do “outro” achegando as súas propias palabras ao discurso. Nos anexos que acompañan a cada capítulo, titulados “Lecturas de lectura”, van esas outras voces complementando (a modo dun abecedario do A ao Z) pero tamén no corpo dos seus capítulos os recolle en forma de pequenas citas, porque lle gusta esa compañía dos demais, cos que falar de libros e lectura, porque ler é compartir, tal como afirma cando vai diseccionando o significado de lectura.

No incipit e o primeiro capítulo, sitúa a súa vida en relación á lectura. A continuación vaise centrando en diferentes aspectos como as definicións ou accións relacionadas con ler: deterse, observar, escoitar, interpretar, comprender, colleitar, tecer, sucar, elixir, transformar, recrear, reanimar, asimilar e compartir; a relación entre a lectura e o cerebro cos derradeiros descubrimentos neurolóxicos; a evolución da humanidade sempre relacionada coa linguaxe desde o nacemento do alfabeto e a súa evolución nos diferentes pobos, a escritura desde as paredes ata a nube na que se sitúan os documentos actualmente, a defensa da sociedade lectora… Especialmente interesante resúltame o capítulo “palabras na marxe” no que, a modo de notas, nos traslada algún pensamento que puido quedar sen dicir ou aclarar; así de espléndido é Basanta. Remata cunha bibliografía a modo de libros de compañía.

Un libro para que todas as persoas interesadas pola lectura o teñan á man; un libro no que apoiarse para defendela e co que gozar dunha lectura intelixente e sensible.

A modo de bocado:

“Cada una de las formas comunicativas anteriores a la World Wide Web –oralidade, escritura, libro impreso, mensaje audiovisual- llevaron a nuestro cerebro a una lenta pero eficaz adaptación e influyeron de modo decisivo en nuestra forma de pensar, de expresarnos y de razonar.

El nuevo horizonte no dejará de provocar en nuestra vida un efecto de impacto similar. Pero además lo hará en una magnitud nunca antes alcanzada y en un tiempo mínimo, si lo comparamos con los ritmos de implantación de evoluciones culturales y sociales semejantes.

Esta velocidad del cambio, este allegro molto vivace que penetra nuestra sociedade, es, sin duda, uno de los rasgos más destacados de cuantos estamos viviendo. Y de los más perturbadores. Cada día nos parecemos más al siempre apresurado y angustiado Conejo Blanco –¡Por mis barbas y mis bigotes, voto a tal!¡ Se me está haciendo tardísimo!– de las aventuras de Alicia (…) la obra que mejor expresa  las claves del mundo internetiano en que vivimos, también necesitado de encontrar un sense al nonsense”.

Un comentario en “Antonio Basanta. Leer contra la nada

  1. Querida Pilar:
    Hoy, que los jóvenes se sienten perdidos ante los libros de texto, tengo la impresión de que la obra que sugieres puede resultar un excelente apoyo. Procuraré leerla; aunque la lista de libros que tengo en espera de ser leídos es infinita. Y, como estoy convencida de que tu atractiva y completa reseña es auténtica, no me olvidaré de incluir “Leer contra la nada” en los regalos de Reyes de mis nietos. (Reservándome uno para mí, por supuesto).
    Es curioso: hace poco menos de un mes estuve con parte de mi familia en La Casa del Lector -en el recinto del antiguo Matadero de Madrid- asistiendo, entre otras actividades, a una exposición de pintura vanguardista de diversos autores. También, hace unos años, dio alguna charla un hijo mío en la Fundación. Y ¡qué tenga que ser tu artículo el que me haga caer en la cuenta de que el artífice de esa gran obra es Germán Sánchez Ruipérez y su colaborador más directo, Antonio Basanta…! A eso se le dice “pasar por la vida sin enterarse; expresión que, en mi caso, es el pan de cada día.
    Después de leerte, la curiosidad me llevó a indagar en Internet sobre la vida y obra de estos dos personajes. He escuchado una serie de intervenciones de Antonio Basanta y, cuanto más profundizo en su pensamiento, más me admira su sabiduría y el buen uso que hace de ella.
    Termino con una frase del escritor: “La escuela debiera ser una factoría de estímulo de curiosidad”
    Un abrazo y gracias por tu pedagógico artículo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>