Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (I)

Dudeísmo - El Gran LebowskiCésar Alen. Aquel home, como ben narra a voz en off na película O gran Lebowski, dos irmáns Coen, ofrecía a tranquilidade inherente ao simple andar polo mundo, ao estar aquí e agora: “unha viaxe en ácido, conducir por aí, xogar aos birlos”. Non ter a necesidade de xustificarse. Só deambular polas rúas na seu escangallado Sedan escoitando á Credence. Agora vivimos nun mundo tan antropocéntrico. Sentimentos egoístas, a expresión desmesurada do eu. Resúltame case imposible manter unha conversa coa maioría da xente. Ninguén parece coñecer a arte de escoitar. Non, trátase de falar, de soltar o teu. Mentres falo noto na mirada perdida do outro a falta de interese. Moven os ollos á esquerda, é dicir, están a imaxinar o próximo que van soltar, se é que pararon de falar.

Pois o que se dá na vida reprodúcese na arte. Percibo unha involución galopante na creación. Un infantilismo simplista, pero moi ben empaquetado polas “redes sociais” ou por “ influencers” embobados e puerís, aos que seguen como cans faldeiros os medios convencionais, faltos de ideas e cun medo absurdo a perder o pulso da vangarda.

O certo é que aquí non se sacrifica nin deus. Aquí o que conta é o asalto inmediato á fama, colocar a miña mercadoría canto antes, sen tan sequera deixarlle o tempo suficiente de pouso, de reflexión. Desta maneira obtéñense eses materiais insípidos, banais, antiestéticos, cargados de hormonas de crecemento dalgún descarado adolescente ao que os seus pais lle dixeron que é un xenio, un superdotado.

fotonoticia_20180307143151_640Pero aquí non se sacrifica nin deus. Para que, se xa o fai Internet por nós. Dinos os libros que hai que ler e as películas que hai que ver. Valóraos do un ao dez, o que condiciona o xuízo de forma indefectible. Privando o raparigo da experiencia. O apriorismo en esencia.

Os medios están ansiosos por contar algo, por levar material á boca. O de menos é a calidade ou a procedencia. Xa os mercantilistas da publicidade, con tatuaxes e pendentes e seguramente barba encargaranse de colocarllo á sociedade. Ademais, a un alto custo. Aquí o altruísmo é para os bobos. Iso da arte pola arte non encaixa con eles. O primeiro, os cartos por diante que o mono custa moito alimentalo.

Feito verídico: certa vez entrevistoume un tipo dunha cadea de radio para un posto. Parece ser que non viu en min un perfil axeitado. Buscaba alguén…con…cunha determinada estética: “xa sabes o pelo rapado, piercings, tatuaxes, algo dunha imaxe moderna, agresiva, que estea cos tempos”. Pero isto é a radio. Xa, pero sabes do que che falo, verdade? Non, por suposto que non, idiota.

Un comentario en “Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (I)

  1. Efectivamente, el egolatra en serie se ha puesto de moda.Lo que no se refleja en el espejo tampoco contrasta en su vida real. El protagonismo mimético es apto para acomplejados crónicos
    Felicidades por el articulo,Cesar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>