Galicia e os galegos na poesía castelá CIII. Frei Íñigo de Mendoza e o Meco

marquc3a9s_de_santillanaRomán Arén. É ben coñecido que o meco está relacionado co Grove e que xa o Padre Sarmiento estudou esta figura lendaria, que supuxo, acertadamente, nacida fóra de Galicia. Servía como aldraxe contra os galegos e era sinónimo de adúltero, disoluto para o sínodo de Cuéllar (Segovia) de 1325, segundo anota a Gran Enciclopedia Galega. Se se perdoaba o meco era ser marido cornudo e isto apoñíasenos aos galegos e os miñotos e disto dá testemuña Raphael Bluteau no seu Vocabulario portuguez e latino (1976), asegurando que foi un miñoto que lle quitou a honra a moitas doncelas e a este alcumárono “o Meco”. A tradición di que foi aforcado no Grove: “facendo o fedello/botando pernadas/que matou ao Meco”. A lenda está tamén en La vida y hechos de Estebanillo González (1646) e Murguía dáa como viva aínda en 1888. Montero Ríos citouna na súa defensa cando asinou o tratado que entregaba a Estados Unidos os restos do imperio colonial español, para concluír co “Matámolo todos!” que a culpa desa persa non era só del.

Pero o Meco está tamén nuns versos das Coplas de Mingos Revulgo, poema satírico do século XV, na estrofa doce:

Modorrado con el sueño/no lo cura de almagrar/porque non entiende dar/cuenta d’ello a ningún dueño;/cuanto yo no amoldaría/lo de Cristóval Mexía,/ni del otro tartamudo,/ni del Meco moro agudo:/todo va por una vía.

Álvaro Alonso, na súa Poesía de Cancionero (Madrid, Cátedra, octava edición, 2012), anota que o “tartamudo” é Moisés e “Meco moro agudo” é Mahoma, e que en realidade o autor o que censura e que xudeus e mouros non leven o distintivo infamante pola rúa.

41+8X2mbItL._SX324_BO1,204,203,200_As Coplas de Mingo Revulgo son atribuídas, con moitas posibilidades, a Frei Íñigo de Mendoza, nacido cara a 1425 e falecido antes de 1508. Era xudeu converso pola liñaxe dos Cartagena e nobre segundón polos Mendoza. Franciscano, foi cortesán de Enrique IV e os Reis Católicos, pero fixo vida relixiosa dende 1495. é famoso polas Coplas de Vita Christi; o seu Cancionero foi editado en 1968 por Rodríguez Puértolas.

A memoria xogoume unha mala psada e lembre que xa Cunqueiro falara do tema. Remexía na biblioteca e dei co texto, “La investigación sobre el Meco”, que Xesús González Gómez compilou nun fermoso libro do mindoniense, Papeles que fueron vidas (Barcelona, Tusquets, 1994), que aproveito para recomendar, pois é estupendo. Lembra Cunqueiro que o Cristóbal Mejía do texto é “Cristo o Mesías”. O tema do Meco xa foi clarexado por Taboada Chivite e Cuevillas; o que os galegos matan no Meco é o inverno, e só se trata dun rito de fecundidade. Engade que Corominas non cría, como Taboada, que meco procedese do latín “moechus”. O sínodo de Cuéllar dá a razón a Taboada Chivite. O Meco pois, en palabras de Cunqueiro “lo que fecundaba, pues,…, no eran las gallegas, sino la antigua tierra cereal y vinícola”. É o Meco un símbolo de calumniado, “como nosotros mismos, los gallegos”, conclúe o noso Cunqueiro.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CIII. Frei Íñigo de Mendoza e o Meco

  1. Tal vez la versión de Cunqueiro sea la más acertada, a pesar de que tampoco puedan descartarse las demás . Recuerdo haber leído que en tiempos del cardenal Cisneros, un franciscano de Ocaña había concebido una doctrina que consistía en copular con todas sus seguidoras para engendrar profetas. Es posible que al Meco (en caso de que Cunqueiro estuviese desatinado) le gustara coleccionar pitones ajenos.
    Buenos días, Román. Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *