Cantar de cegos

ThinkstockPhotos-178898878_wideMarina Losada Vicente. E a meniña contou o conto mal que sabía; e fixo caso, cando na casa, así dicían: El cuento es cuento, no tengas miedo, es fantasía.

Tragou que o papa levouna á cama, día tras día; que desde a porta cantaba aquilo que repetía: Duerme mi niña duerme, que es tu sueño, mi alegría.

No camisón de manga larga que a cubría, sentiu ao papa falar por baixo, na cercanía:

No tengas miedo, ole mi niña, que no dolía.

Máis a nena fíxose moza e, por crecida, mudou o conto que a espía: Atiende lo que demando mi bien querida.

E a meniña abriu os ollos que non soía, mirou o cuarto aínda a escuras que compartía; a irmá na cama, ollos abertos, por teimosía.

E un día o conto, que fora soño que ela tiña, cheo das bágoas da irmá que a seguía, fíxose certo naquel espello que reflectía.

Entón mirouna, a súa irmá, tan ben querida, co camisón de manga larga que non cubría a pel suave que a envolvía.

Xuntas as dúas, facendo forza de moi feridas, suma de medos e do silencio que as ensumira, abriron portas, e as ventás, tal forza había.

Entón o mundo que estaba cego, como conviña, mudo de tempo e con perdón de eucaristía, fíxose xordo a todo tipo de ladaíñas.

Durme meniña durme, que así non queiras, virá o día.

2 comentarios en “Cantar de cegos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *