Parcelario e historia urbana

Rehabilitación dunha vivenda en Santiago realizada polo estudio de arquitectura 2es+.
Rehabilitación dunha vivenda en Santiago realizada polo estudio de arquitectura 2es+.

Pedro García Vidal. O pasado das vilas e cidades atópase escrito na súa paisaxe construída. Camiñar a cidade de vagar, admirar as súas arquitecturas diversas que nos falan das diferentes sociedades que a poboaron, nunca esgotará a nosa capacidade de sorpresa ante a innumerable cantidade de novas e inéditas descubertas. Pero no compacto conxunto edificado todo se volve completamente anónimo. Seguir lendo Parcelario e historia urbana

Un mestre en Palmeira

O escritor. La_perla_agricolaPastor Rodríguez. Grazas ao seu conterráneo Francisco A. Vidal, énos agora coñecida a figura, e a obra, de Ignacio Martínez Malvido, nado en Sanxenxo en 1839, pero afincado en Palmeira, cando menos desde 1863, onde casou con Amalia Varela Mariño e, xa viúvo, en 1887, en segundas nupcias, con Vicenta Martínez Garabal. Mestre por oposición, estivo sempre moi preocupado pola situación socioeconómica do Barbanza, da que deu conta nos artigos publicados en La Voz de Galicia. Seguir lendo Un mestre en Palmeira

Pepe Cal e Ita Atán na Vía Garibaldi

descargaXerardo AgraFoxo. Un 20 de decembro do ano 1973, cando aquel militar “viaxou aos ceos” no seu Dodge e na mesma data na que nacía un futuro alcalde de Noia, hoxe convertido nun amábel e honrado tendeiro, Pepe Cal e a súa inseparábel compañeira, a delicada e fermosa Ita Atán, collían con certo nerviosismo un voo rumbo a Roma, onde tiñan unha cita inescusábel. Seguir lendo Pepe Cal e Ita Atán na Vía Garibaldi