Nick Cave e a chamada da dor

IMG-20220518-WA0000Gonzalo Trasbach. (Na memoria de Antonia Da Silva Castro. Para Magdalena). Din que os xenios están encadeados a unha dor secreta. Tamén din que só os creadores xeniais saben sufrir. E que os comúns dos mortais, que somos máis ben idiotas ou necios, non sabemos facelo. Iso din. Mais tan necios non debemos ser se lembramos que o escritor italiano Cesare Pavese (Turín, 1908-1950), que se suicidou o 27 de agosto de 1950, deixou dito isto: <A grande, a tremenda verdade é esta: sufrir non serve para nada>. Din así mesmo que a tristeza é unha virtude que coroa a figura dos “elixidos”. Neste sentido, Vincent Van Gogh, sen dúbida un pintor ben singular e angustiado, escribiu un día: <É inútil, a tristeza durará toda a vida>. Seguir lendo Nick Cave e a chamada da dor

Outro chanzo na historia de Noia

O Andel. Os gremios de oficios de NoiaRomán Arén. Juancho López Oviedo (Noia, 1942) publicou o pasado ano unha síntese sobre os gremios noieses, con prólogo do historiador Paulo Nogueira Santiago. Estruturada en tres partes, a primeira leva como introdución unha contextualización espacial, «o lugar onde se enmarca a historia: a bíblica Noela», para estudar logo os antecedentes dos gremios, as laudas gremiais de Santa María A Nova, a situación gremial na Noia de 1576 e a intervención que tiñan na vida social. Seguir lendo Outro chanzo na historia de Noia

Moral e redes sociais

c22f978105f4295bcd7e01717a56785fFidel Vidal. Caer nas redes supón ser alcanzado por un tecido que nos vai reter. Sen embargo, como acontece coas redes eléctricas, para nos evitar males maiores, é necesario “facer masa”, e no caso que nos atinxe, “facerse masa”. Situación onde cada un de nós conta unicamente como masa, ocasión para sermos neutralizados na mesma, ao ensumir nela toda enerxía social e política. Seguir lendo Moral e redes sociais

Inimigo público número un

fposter,small,wall_texture,product,750x1000Marina Losada Vicente. A presidenta da AMPA deu conta de que un alumno tiña cometidos actos vandálicos que provocaran que o expulsaran do instituto durante unha semana. O colectivo escolar estaba indignado, sobre todo os membros da asociación, que o consideraban case un terrorista. Todo foron insultos e descualificacións sobre o mozo, difíciles de soster en liña aberta cuns pais que ninguén coñecía, pois traballaban no estranxeiro. Seguir lendo Inimigo público número un