Fidel Vidal. En Ribeira, que eu recorde, xamais se viu unha corrida de touros. Os afeccionados a semellantes eventos, para satisfaceren os anhelos e celebrar, en vivo e en directo, a morte dun touro pola espada dun matador, previamente amansado chimpándolle un par de sacos de area segundo vai polo corredor e, xa na praza, un picador a lanzadas para despois marealo con capote e muleta, acudían a Pontevedra pola Peregrina, ou a Noia polo San Marcos. Non contando con praza axeitada, sexa esta fixa ou portátil, o que si había en Ribeira era unha “Peña” de afeccionados que idolatraban -non sei se esta é a expresión correcta- Seguir lendo Touros en Ribeira
Desculpando a túa cara
Marina Losada Vicente. Sentou enriba da mesa coa tranquilidade que dá vestir mallas deportivas, axustadas iso si, e moito, por non ocupar unha das poucas cadeiras libres da sala. Agardaban por ela media ducia de veciñas, con cadansúa pandeireta, é un home maior, que tomou asento, como atraído por un imán, mesmo fronte dela. Seguir lendo Desculpando a túa cara
Manuel López Rodríguez, poeta de Noia
Pastor Rodríguez. Nacido en Noia en 1978, membro do colectivo Sacou, responsable da editoria Acha Escrava, da plataforma A Lanzadeira de Alcor, e fotógrafo. En 2008 publicou Antítese narrativa. En 2020 acada os seus maiores éxitos e é cando publica Rompe, Vangarda ule, II Premio de Poesía Eduardo Pondal, e Desde non nace, VIII Premio de Poesía Manuel López Ardeiro. Entre outros premios, foi galardoado co Premio Suso Vaamonde, co Premio Ánxel Casal e co segundo premio no Leiras Pulpeiro. Tamén en 2020 obtivo o XXII Premio de Poesía Concello de Carral coa obra Nas pulsacións, editada por Espiral Maior en 2021. Seguir lendo Manuel López Rodríguez, poeta de Noia
Vida e democracia
Ignacio Castro Rey. Mentindo sobre o poder que eles mesmos exercen, ás veces case caciquil, moitos intelectuais seguen enchendo o seu peito cos supostos valores universais da democracia. Decotío todos nós temos na boca as verbas internacional, global, interdependencia, consenso… Seguir lendo Vida e democracia