Galicia e os galegos na poesía castelá CLXX. Inés de Castro e Vélez de Guevara

022Román Arén. Se hai un mito literario galego, ademais de Macías e Rosalía de Castro, ben famoso, é o de Inés de Castro, que vencella Galicia e Portugal, como ben escribiu Otero Pedrayo. Esta limiá establecida en Portugal, amante do príncipe don Pedro, foi asasinada por orde de Afonso IV o 7 de xaneiro de 1355. Entro na morte e na gloria literaria, pois en 1367, proclamado rei don Pedro, mandou exhumar o seu cadáver para que fose honrada como raíña e de aí veu o de “reinar despois de morrer”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXX. Inés de Castro e Vélez de Guevara

Rosalía, Castelao e ti

dd768a584f72ae093fe60601b7795da9X. Ricardo Losada. Unha das razóns de que ás veces dubide dos beneficios da lectura é a incapacidade de moitos intelectuais de dicirlles a verdade aos amigos sobre os seus libros e a irritación destes ante unha mala crítica ou un gusto diverxente. Hai unha anécdota de Proust moi significativa. Un amigo mándalle un libro para saber a súa opinión, e el contéstalle: «O que lin paréceme moi fermoso. Seguir lendo Rosalía, Castelao e ti

Voyager. A inóspita poesia de Kurt Waldheim

Voyager cubertaAlberte Pagán. Kurt Waldheim, político católico e conservador do Partido Popular Austríaco, foi secretário-geral da ONU (1972-1981) e presidente de Áustria (1986-1992). Em 1985, durante a pré-campanha eleitoral, publicou No olho do furacám. Estas memórias aspiravam a dignificar a sua figura política, mas o efeito foi o contrário: de imediato aflorou o seu passado, que o autor pretendia dissimular, como oficial nazi. Isso nom impediu que ganhasse as eleiçons. (Por que?, pergunta el incrédulo, detendo a cunca de café a meia altura: Como a gente pode votar por um nazi? A gente votou polo mesmo Hitler, argumenta ela. Seguir lendo Voyager. A inóspita poesia de Kurt Waldheim

Sílabas da peste, de Lupe Gómez

silabasFidel Vidal. Entrar nunha obra de Lupe Gómez é mergullarse nun mundo ateigado de palabras e de imaxes, nun espazo fantástico asentado na terra, nas paisaxes lingüísticas e no camiñar por rúas ancestrais. Así volve acontecer con Sílabas da peste (Deputación da Coruña, Premio “Miguel González Garcés”, 2020), que vén de ser publicado en edición bilingüe co título Silabario de la peste (insensata, 2021), no que volvemos renacer en cada liña como cativos regresando da escola. Maiormente creado durante o encerro da pandemia (Ningunha pandemia poderá roubar o camiño das estrelas, p. 35; Teño a impresión de que levo un século encerrada na casa dos ollos grandes, p. 74 Seguir lendo Sílabas da peste, de Lupe Gómez