De manchas amarelas

depositphotos_6782299-stock-photo-sun-painted-by-childFidel Vidal. John Christie: “Ti dixeches: ‘É como se todas as cores (e en particular as puras) agardasen a espirse ou ser espidas’. “Quizais a cor ouro, que é especial (asociado á maxia e o sacro), é a única que está espida desde o principio”. John Berger: “Grazas polo ouro (…) A goma xaponesa é como o mel, non si? Será o mel o equivalente vivo do ouro?” Seguir lendo De manchas amarelas →

Apego de terra

48298819827_ce2eb3e909_cXosé Manuel Lobato. Afasta Negrumante deste nártice outonal as sete damas da festa. Así che reclaman con afouteza, aparta o teu degoxo desta festeira vila.

Fermosos solpores de esgotamento estival decoran as augas da ría anfitrioa de Ulla e Té, esplendorosos coloridos sobre ese mar de Rianxo que beixa con delicadeza unha contorna  enfeitizada para calquera cálida mirada.

A sensibilidade do ser humano consegue que as persoas nunha grande maioría se identifiquen e mergullen nesa terra onde moran de hábito. Seguir lendo Apego de terra →

A sombra da cinza, de Fidel Vidal

978841205790Javier Peteiro. “Nada máis puro, e sen opor ningún pero, o aire que respira o universo en cada ser, a vibración e o ritmo en cada único verso (Fidel Vidal)”. A alma resoa, como dicía F. Cheng, e parece facelo co universo, no verso. No novo libro de Fidel Vidal estamos ante unha “forma de gozo”, como el mesmo sinala. A poesía de Xulio L. Valcárcel é tomada por Fidel como fío condutor da súa reflexión, como unha senda desde a que dirixir a súa mirada, en liberdade, que, por selo, ten que ser ampla, facéndose incluso libertinaxe cando de se trata de reflexión, como el mesmo di ao principio.  Seguir lendo A sombra da cinza, de Fidel Vidal →