Xerardo AgraFoxo. Ao cruzarmos o río Gambia, que baixaba manso dende as montañas de Fouta Djallón, enxergamos unha fileira de mulleres. Camiñaban cos barreños ateigados de roupa na cabeza e nenos atados coma un fardelo nas costas. As ribeiras do río eran baixas e estaban ateigadas de vexetación arbórea. Seguir lendo Kedougou
Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVIII. Juan Ruiz de Alarcón
Román Arén. Juan Ruiz de Alarcón era novohispano, pois nacera en México en 1581. Era, xa que logo, un “criollo”, pero de orixe nobre. Veu por primeira vez a España en 1600 e exerceu de avogado. Volveu a México, pero regresou definitivamente en 1613 e morreu en Madrid en 1639. Ocupou o cargo de relator do Consello de Indias e polo seu físico, era chepudo, foi branco das rexoubas dos escritores rivais, fronte aos que foi pouco prolífico, pois só se coñecen vinte e catro obras da súa autoría. Dúas características son propias de Alarcón: o seu código de honra é menos ríxido có dos contemporáneos e salientan as acedas críticas á nobreza. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVIII. Juan Ruiz de Alarcón
Crime e suicidio
Fidel Vidal. Unha vez mortos os seus pais, tamén falecen Edipo e Hamlet: Edipo faino simbolicamente, castrándose mediante a cegueira –perda de ser, morte psicolóxica, para non ver nunca máis-, e Hamlet falece dunha ferida envelenada. No caso do Don Hamlet de Cunqueiro, trátase dunha morte por decisión propia, aforcándose. A nai é o lugar da demanda de amor e dá valor a todo canto se relaciona con ela. Non hai cousa ningunha que non estea ligado á súa figura. Pola contra, o rei, se non vén da man da nai, apenas se é un obxecto, unha nimiedade, algo ben cativo, unha insignificancia. Seguir lendo Crime e suicidio
A paixón e a culpa
Francisco Ant. Vidal Blanco. Este Na-dal souben a historia de dous norteamerica-nos que eran amigos desde hai máis de 60 anos, compañeiros de escola e do mesmo equipo de fútbol que compartían o descoñe-cemento da súa paternidade, un era adoptado e o outro non tiña pai coñecido, polo que ambos decidiron inscribirse nun banco de datos de ADN con intención de atopar ós seus verdadeiros proxenitores Seguir lendo A paixón e a culpa