Francisco Ant. Vidal Blanco. Un asasino que despois se quita a vida non queda eximido de culpa. Unha vez máis, neste tipo de violencia demóstrase que a orde dos factores si altera o resultado. E non hai desculpa para tales actos, sen embargo, aínda se escoitan algunhas voces que tratan de xustificar esas actitudes. Seguir lendo Os nomes da violencia
O señor Münster, de Alberto Savinio
Fidel Vidal. O señor Münster forma volume con outra novela que se impón no título, A nosa alma (Siruela, 1990) que vai sobre o mito de Eros e Psique seguindo os pasos de Apuleyo, e onde volve aparecer Nivasio Dolcemare. O texto acompáñase de tres sorprendentes litografías do propio autor, Alberto Savinio (1891-1952). Este singular escritor, do que aconsello a súa formidable Nova enciclopedia, é o pseudónimo de Andrea de Chirico, irmán do pintor Giorgio de Chirico. Foi amigo de Apollinaire e tivo contacto coas vangardas da época: Picabia, Cocteau, Max Jacob, Picasso. Malia nacer en Atenas, para Leonardo Sciascia é un dos mellores escritores italianos de século XX. Seguir lendo O señor Münster, de Alberto Savinio
No ceo non usan gafas
X. Ricardo Losada. Tras colgar un comentario neste blog, Carmen engadiulle unha marabillosa posdata intentando xustificar a pouca coherencia do que acababa de escribir: Desde que he empezado a escribir este panfleto, se me ha quedado cuatro veces pegado a la pantalla del ordenador el puntero del ratón. Entre tanto: se ha achicharrado la comida (de ello he dado fe gráfica a Magdalena); he ido a la peluquería, he perdido las gafas; por ser el cuarto aniversario de la muerte de mi madre, a misa sin gafas; Seguir lendo No ceo non usan gafas
A medida do tempo
Antón Riveiro Coello. Nestes días pasa-dos de Nadal volvemos á casa e botamos de menos os que xa non están, que a cada volta son máis numerosos. Esta falta convoca en nós unha saudade que se multiplica con certas rutinas do pasado e con eses progra-mas de televisión que, nunha especie de déjà vu, fomentan a idea de que o tempo só é unha construción da nosa mente. Mais non. O tempo pasa dun xeito inexorable e non parece deixar respiro, nin tan sequera no Nadal. Seguir lendo A medida do tempo