Xerardo AgraFoxo. No ano 1966 Ernesto Miranda, un indixente sen estudos de Arizona, foi acusado do rapto e violación dunha moza de dezaoito anos aínda que o fiscal só ofreceu como proba de cargo a súa confesión. O caso adquiriu tal notoriedade que foi elevado á Corte Suprema que, nun fallo que faría historia (Miranda contra Arizona), considerou que a sentenza era inadmisible porque a Quinta Emenda da Constitución dos Estados Unidos garante a calquera detido poder gardar silencio ademais de ter dereito á asistencia dun avogado. Nacía a Advertencia Miranda. Seguir lendo Loving, de Jeff Nichols
Un artista da fame, de Franz Kafka
Fidel Vidal. Ademais dos motivos relixiosos (o xaxún pola Coresma), políticos ou de protesta (folgas de fame), ou por razóns médicas (dietas especiais), houbo outras formas de pasar sen comer, coma os profesionais que xaxuaban por mor de daren espectáculo, diversión para a xente. Eran tempos de pobreza nos que estes homes gañaban o sustento de mañá pasando fame hoxe. Se noutrora -estamos a falar de finais do século XIX e principios do XX- abondaban as representacións dos “xaxuadores”, tempo despois deixaron de se exhibiren por falta de interese no público. Seguir lendo Un artista da fame, de Franz Kafka
Blasfemando contra Disney
X. Ricardo Losada. CONTO. Nun río vive unha ra que axuda a outros animais a cruzalo. Un día pídello un escorpión. “De ningunha maneira”, di a ra, “seguro que me inxectas un veleno e morrerei”. “Como vou facer iso!”, retruca o escorpión, “fundiríaste no río e eu, que non sei nadar, seguiría a mesma sorte”. A ra, convencida polo razoa-mento, acepta, e cando están no medio do río, o escorpión pícaa. “Por que?” Seguir lendo Blasfemando contra Disney
O boghador
Antonio Piñeiro. Sen arrefriar de vez aínda as faíscas da súa última obra, Che Tembra abre unha nova mostra na sala de exposicións da Sociedade Liceo de Noia. Estiven presente mentres remataban de a montar. Malia as idóneas dimensións do espazo, vin como houbo que facer arranxos de última hora para poder acoller o prolífico traballo. Os espazos adoitan sempre quedarlle curtos a este home, dada a apaixonada actividade na que sempre anda. Seguir lendo O boghador