PJ Harvey: dama en negro con saxofón

el huecoGonzalo Trasbach. Estraña tarde a daquel 23 de agosto pasado. Aínda fumegaban os cadáveres dos mortos nos atentados de Barcelona e Cambrils. Mais a programación obrigaba. No escenario montado no Poble Espanyol aparece, diante duns tres mil espectadores, unha radiante Polly Jean Harvey (Somerset, England, 9/10/1969): vestida de rigoroso negro, coma o resto da súa numerosa banda, encabezado polos seus dous máis fieis músicos, John Parish e Mick Harvey, e leva un saxofón entre as mans: liturxia e cerimonial en escena. Seguir lendo PJ Harvey: dama en negro con saxofón →

O pai verdadeiro

sfocles-edipo-rey-69-638Fidel Vidal. O pai biolóxico non existe. O argumento do sangue (especialmente socorrido en termos xudiciais) non é válido porque non é un argumento: é lei. Se algo abonda no ámbito biolóxico son o denominados proxenitores. A relación sexual xenital debería establecer unha conexión co gozo e non coa procreación. A certeza da relación entre coito e embarazo foi tardío na historia do home. Seguir lendo O pai verdadeiro →

O editor de libros, de Michael Grandage

editor de librosInés Otero. Esta é unha película sobre Maxwell Perkins, o editor norteamericano que consideraba que a literatura era una cuestión de vida ou morte. Max Perkins tamén é o home que, despois de estudar na universidade de Harvard, fundou a editorial Scribner, a mesma que publicou os primei-ros libros de Henry James e Edith Wharton, mellorou as páxinas dalgunhas novelas de Ernest Hemingway, como Adeus ás armas,  e publicou as dúas mellores obras dun tal Scott Fitzgerald, A este lado do paraíso e O gran Gatsby, un  mozo saído de Princeton con algunhas gotas de alcohol nas súas veas. Seguir lendo O editor de libros, de Michael Grandage →