Xerardo AgraFoxo. Da man da directora india Mira Nair (Orissa, 1957) e coas interpretacións de David Oyelowo (Selma, Nina Simone, Un reino unido), Lupita Nyong´o (12 anos de escravitude) e Madina Nalwanya, unha bailarina de 15 anos escollida entre 700 candidatas, esta película conta unha historia sucedida nun país onde non hai moito tempo mandaran o corrupto Milton Obote e o tirano Idi Amin Dadá. O argumento d´A raíña de Katwe (2016) transcorre nun arrabalde marxinal de Kampala (Uganda), erguido coma unha favela nas marxes do lago Vitoria, onde unha moza, Fhiona Mutesi, pretende saír da vida miserenta que a cingue grazas á axuda dun mestre, Robert Katende Seguir lendo A raíña de Katwe, de Mira Nair →