Xerardo AgraFoxo. Esta película está considerada como unha das mellores do cine asiático dos últimos anos. E chéganos da man de Park Chang–Woo, un dos grandes realizadores do cine coreano xunto con Lee Chan–Don (Poetry), Lee Su–Sin (Princesa) e Hong Sang–Soo (Antes si, agora non). A historia de A criada (2016), “multipremiada” en numerosos festivais internacionais, sitúase na Corea dos anos 30, cando o país se atopa baixo a bota nipona. E cóntanos a vida dunha moza, Sookee, que é contratada como asistenta dunha rica muller xaponesa, Hideko, que vive recluída nunha mansión baixo a influencia dun tirano, vello e avarento. Seguir lendo A criada, de Park Chan-Woo
O Edipo de Sófocles
Fidel Vidal. A historia de Edipo comeza no criminal e severo trauma (físico e psicolóxico) dun neno a mans de quen debería protexelo e coidalo: o seu pai e a súa nai (biolóxicos). O neno Edipo –nacido de Laio e Iocasta, rei e raíña de Tebas, advertidos polo oráculo de que o seu fillo está destinado a matar o seu propio pai-, é mutilado atravesándolle os pés cun cravo coa intención de o asasinar. Salvado por un pastor, posteriormente foi criado polo rei e pola raíña de Corinto aos que considera os seus verdadeiros pais. E son en realidade os seus verdadeiros pais; os outros só o concibiron: o feito de ser xenitor(a) non configura unha paternidade, nin sequera unha maternidade. Mais alguén fai dubidar a Edipo sobre o seu futuro e consúltao no Oráculo de Delfos. Seguir lendo O Edipo de Sófocles
Galicia e os galegos na poesía castelá LXVIII. Un parnasiano: Núñez de Arce
Román Arén. Se houbo unha figura respectada na poesía española do século XIX, foi Gaspar Núñez de Arce (1834-1903), un formalista rigoroso, considerado hoxe un poeta en exceso retórico, sobre o que é escasa a bibliografía dende 1954, agás o importante artigo de Urrutia “El camino cerrado de Gaspar Núñez de Arce” (1983). Sexa como for, non se pode facer a historia da poesía castelá do século XIX sen o seu libro Gritos de combate (1875). Foi un poeta escéptico, realista e reformista, que non evita os problemas políticos e sociais e que poucas veces é lírico. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXVIII. Un parnasiano: Núñez de Arce
Apocalipse xovialmente integrada (IV)
Ignacio Castro Rey. Exemplarmente, nesta inmadureza unisex, no narcisismo expandido que –ata os setenta- esixe un divorcio perpetuo de calquera compromiso. Para empezar, cun complexo pasado. Cando algúns maiores parecen pórse duros e esixentes, ás veces só intentan compensar o líquido amniótico no que viven os seus fillos con certa ironía, á forza analóxica e cruel. Seguir lendo Apocalipse xovialmente integrada (IV)