A clase de esgrima, de Klaus Härö

La-clase-de-esgrimaXerardo AgraFoxo. Fuxindo do seu pasado e da policía secreta de Josef Stalin, Endek Nelis, un mestre de ximnasia, chega a Haapsalu, Estonia, para desempeñar o seu traballo nun club deportivo para cativos. Son os anos  cincuenta do pasado século e a ocupación rusa nos países bálticos está presente en todos os recunchos da vida duns habitantes que viven dentro dunha atmosfera de medo e opresión. Cando Endel esperta a admiración dos seus alumnos, o director da escola, un comisario político do réxime comunista, cismado que a esgrima é un deporte burgués e decadente, procurará indagar no seu pasado para desacreditalo diante da comunidade educativa local. Seguir lendo A clase de esgrima, de Klaus Härö →

Amor sempre humano

copula de pieFidel Vidal. No século XVIII, a nova abadesa do convento de dominicas de Santa Catalina de Prato recoñeceu durante un proceso que, “dado que o noso espírito é libre, só a intención converte unha acción en malvada”. Equiparaba a éxtase mística á cópula dos amantes e descubría a vida eterna e o paraíso neste mundo, na “transubstanciación da unión do home e a muller” –Amada en el amado transformada-. Gozamos a Deus a través do acto, “por medio da cooperación de home e muller”. Concluía: “A actividade á que erradamente chamamos impura é a auténtica pureza; é a pureza que Deus nos ordena e que nós, pola súa vontade, debemos practicar; sen ela non hai camiño para encontrar a Deus, que é a verdade”. (K. Deschner, Historia sexual do Cristianismo). Seguir lendo Amor sempre humano →

Naufraxio da traiñeira «José María», de Porto do Son, en 1893

Na dársena sonense vivíronse horas de angustia agardando noticias, que acabaron sendo tráxicas
Na dársena sonense vivíronse horas de angustia agardando noticias, que acabaron sendo tráxicas

Manuel Mariño del Río. É moi probable que unha das primeiras referencias ao porto sonense sexa un documento de 1398 no que «el arzobispo da en foro a Diego Rodríguez de Noya, vecino de Muros, el lugar de Noal con Puerto del Son». No século XV, Noia e Muros eran xa os dous portos máis importantes da ría. Seguir lendo Naufraxio da traiñeira «José María», de Porto do Son, en 1893 →

Maiúsculas invisibles

mayúsculaX. Ricardo Losada. Aínda que Café Barbantia é unha cafetería bastante silenciosa, é pródiga en comentarios suxestivos. Hai pouco, por exemplo, Javier Peteiro dicía que lle chamara moito a atención que Magdalena considerara que a fe “é crer o que non vemos” pois a súa opinión é xusto a contraria. El entende por fe “crer o que vemos. O que vemos co corazón, coa mente, coa alma”. E pon, como exemplo, que cre nunha flor, na faísca da herba ou nun cabalo, xa que, se pensamos na súa complexidade, decatarémonos de que non é fácil crer aínda que vexamos. “Como é posible tanta complexidade, tanta beleza?”, conclúe. “Desde o que vexo, creo nun fundamento amoroso do existente. Isto paréceme máis fácil”. Seguir lendo Maiúsculas invisibles →