Crecen as pedras

avoa1X. Ricardo Losada. Quero compartir de novo con vós un fermoso comentario de Magdalena, neste caso a un interesante artigo de Fidel Vidal. Vai con Emma, a neta, coller amoras a Chacín, un lugar silencioso (máis a esa temperá hora da mañá) con moi boas vistas á ría de Arousa. De súpeto a nena dille: “Avoa, escoita”. “Que teño que escoitar?”, pregúntalle Magdalena. E a nena contesta: “O silencio, avoa, escoita o silencio”. Seguir lendo Crecen as pedras →

Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIII. Outro fabulista: Iriarte

tomasRomán Arén. Tomas de Iriarte (1750-1791) foi un fabulista máis orixinal que Samaniego e moi famoso polas súas Fábulas literarias (1782), aínda que foi tamén un autor máis prolífico que o seu competidor, pois cultivou con acerto a sátira (Los literatos en Cuaresma, 1773 e Donde las dan las toman, 1778), tradutor (El arte poética de Horacio e Epístola a los Pisones, 1777), poeta serio (La música, 1779) e dramaturgo (La escocesa, 1769; El filósofo casado, 1787; Hacer que hacemos, 1770 ou El huérfano de China, 1787) e mesmo se pode considerar narrador pola tradución libro El nuevo Robinson, de 1789. Unha das súas fábulas foi traducida ao galego por Francisco Mirás en 1864. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIII. Outro fabulista: Iriarte →

Os nenos da varíola, de María Solar

os nenosXerardo AgraFoxo. Comecei a ler esta novela con certos receos: en primeiro lugar, porque xa lera varias reportaxes sobre o tema central da obra cando no ano 2003 se celebrou o Douscentos Aniversario da Real Expedición Filantrópica da Varíola que, dirixida polo médico Francisco Xabier Balmis, saíra do peirao da Coruña rumbo a América. En segundo lugar, porque tamén lera sobre este curioso tema o libro A flor de pel, de Javier Moro, o mesmo autor de Pasión India, sobre a vida da bailarina Anita Delgado, e El sari rojo, baseado na figura de Sonia Gandhi. Seguir lendo Os nenos da varíola, de María Solar →

Libremente

libremente1Antón Riveiro Coello. Nos últimos días houbo unha enxurrada de declaracións por mor das palabras da presidenta da Comunidade de Madrid cando insinuou que as vacacións non son unha obriga dos traba-lladores, senón unha opción para tomar libremente. Non se precisan moitas luces para detectar que esta expresión pecha certo populismo e a falsa idea de ser unha muller traballadora. Seguir lendo Libremente →