Paisaxes graníticas

Veas de cuarzo nun macizo granítico formado hai centos de millóns de anos
Veas de cuarzo nun macizo granítico formado hai centos de millóns de anos

Jose Lires. Co paso dos anos caín na conta de que as sensacións das primeiras lecturas permanecían latentes á espera de aflorar no momento oportuno. Gocei moi novo da narración daquela viaxe arroutada ao centro da Terra, e crin no imposíbel. Tempo despois, dun xeito menos poético, aprendéronme a desentrañar os segredos do interior terrestre nas rochas da superficie. Seguir lendo Paisaxes graníticas →

“Libertas”. Instalación e compromiso

libertasEme Cartea. Entre o 26 de setembro e o 2 de outubro de 2016 celébrase en Ourense, por segunda vez en Galicia, o 82 Congreso do PEN Club Internacional, organizado polo PEN galego -presidido por Luís González Tosar, O Che, coordinado e dirixido por Xabier Castro, e ao que asisten máis de 200 escritores de 80 países co lema, Tendendo pontes literarias Seguir lendo “Libertas”. Instalación e compromiso →

Galicia e os galegos na poesía castelá. LXII. Un fabulista: Samaniego

jardinRomán Arén. Poucos serán os que non oíron falar das Fábulas en verso castellano (1781 e 1784) de Félix María Samaniego Zabala (1745-1801), en realidade adaptacións libres de Fedro e Esopo. É, co de iriarte, un dos poucos libros populares do Neoclasicismo español, e a fonte do auxe da fábula na poesía castelá do século XIX, na que destacaron Campoamor, Cristóbal Beña, Hartzenbusch, Felipe Jacinto Sala, Campos Carreras e algúns galegos como o Barón de Andilla e Concepción Arenal. Na literatura galega tivemos un fabulista notable, Amador Montenegro, e o xénero está presente entre nós dende 1864. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXII. Un fabulista: Samaniego →

A chama ardente: éxtase e gozo místico

fidelFidel Vidal. A éxtase, o arroubo, é unha forma especial de alienación. Un xeito singular de estar e ser fóra dun mesmo sen saír de min. Se os demais son quen de me conferiren determinadas calidades, incluso facendo unha descrición do meu carácter que eu non recoñezo como tal, sexa como for, están referíndose a min, e eu sabendo que “son eu” de quen falan (como un outro). Ese eu incompatible co eu que teño que ser, tamén son eu, pero –esténdese Sartre- metamorfoseado por un medio novo e adaptado a ese medio: “É un ser, o meu ser, pero con dimensións de ser e modalidades enteiramente novas Seguir lendo A chama ardente: éxtase e gozo místico →