Antón Riveiro Coello. Maio foi de Carlos Casares. O outro día, na presentación dun libro arredor del, ficamos ás escuras en Xinzo e, baixo a luz dunha lanterna que inspiraba un lume de lareira, todo transcorreu dun xeito máis espontáneo. Alí, Xavier Casares contou anécdotas memorables e falamos do medo aos ratos do seu pai, que tiña sona de valente. Seguir lendo De ratos e homes
Un facendista de Porto do Son
Pastor Rodríguez. Foi Clodio González Pérez quen deu noticia e estudou a figura de Román Rosendo Martínez Blanco, nado en Porto do Son o 29 de febreiro de 1776, e coñecido como Román Martínez de Montaos, quen foi figura de importancia nas Cortes de Cádiz que darán orixe á Constitución liberal de 1812. Estudara cos franciscanos de Santo Antonio do Xobre, n’A Pobra do Caramiñal e logo na universidade de Compostela cando contaba con 22 anos. En 1805 ingresa na administración pública e, nese ano, redacta a obra Memoria sobre las minas de oro, plata, estaño, cobre y plomo, mentres que de 1809 data o manuscrito Extracto del Ensayo Político acomodado a la actual situación de España. Seguir lendo Un facendista de Porto do Son
Mascotas artificiais
X. Ricardo Losada. Traballando en clase o tema da intelixencia artificial, dígolles aos alumnos que moitos expertos consideran que no futuro a maioría das mascotas serán robóticas pois teñen moitas vantaxes. Un can robótico, por exemplo, non defeca, non come nin se mancha, non deixa pelos no sofá, non rompe as cousas, non ataca os donos nin os veciños, ladra só cando debe ladrar, pode vivir nun piso sen coller neuras, é inmortal e non ten que ir ao veterinario. E aínda máis. Seguir lendo Mascotas artificiais
Makbara, na memoria de Juan Goytisolo
Fidel Vidal. Na praza de Xemaá-el-Fná de Marraquech, hai unha placa enorme que certifica en varios idiomas a súa declaración como patrimonio inmaterial da humanidade. Moito tivo que ver nesa proclamación Juan Goytisolo (1931-2017), que presidiu durante anos o comité de selección da Unesco: “Foi unha maneira de a protexer da especulación inmobiliaria”. Preto dela mercou unha casa en 1981, “cando ninguén quería vivir na Medina”; de aí o verbo “medinear” que el distingue de “pasear”. Un ano antes publicara Makbara, unha novela dedicada “aos que a inspiraron e non a lerán”, é dicir, aos habitantes da cidade ocre-rosada. Seguir lendo Makbara, na memoria de Juan Goytisolo