Pipper’s, un prodixio de psicodelia

beatrle1Gonzalo Trasbach. Un 26 de maio de 1967 pechouse a gravación de “Sgt. Pipper’s Lonely Hearts Club Band”, o talvez máis aclamado disco de The Beatles, que non se publicou ata o 1 de xuño. En 1974, a revista musical NME elixiuno coma o mellor álbum da historia da música popular contemporánea. O mesmo título que no 2003 lle outorgou Rolling Stone. Aínda arestora, 50 anos despois, numerosos críticos musicais o cualifican cun dez sobre dez. Seguir lendo Pipper’s, un prodixio de psicodelia →

Galicia e os galegos na poesía castelá. LX. Gustavo Martín Garzo

Martin A. La ReginaRomán Arén. Gustavo Martín Garzo (Valladolid, 1948) fíxose ben coñecido en 1993 cando gañou o Premio Nacional de Narrativa con El lenguaje de las fuentes, aínda que xa publicara antes outras novelas como Luz no usada (1985), Una tienda junto al agua (1991) e El amigo de las mujeres (1992). Logo virían outros volumes narrativos, entre os que destacan La princesa manca (1995) ou Las historias de Marta e Fernando, Premio Nadal en 1999. É a súa unha narrativa lírica, de fermoso estilo, tendente ao fantástico e o mítico, aínda que algúns críticos censuran o exceso de emotividade dalgunhas pasaxes. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LX. Gustavo Martín Garzo →

A inutilidade do G-20

simpsons--644x362-ksBC--620x349@abcFrancisco Ant. Vidal Blanco. Vinte contra un e ganou o un por goleada. Nada de cambio climático e toda a protección para as súas empresas. Igual ca con aquel amigo da nosa infancia, que por ser dono do balón escollía xogadores, era o adestra-dor de propios e contrarios e o único árbitro con decisións inapelables, o señor Trump impón as súas regras e todos se axeonllan. Seguir lendo A inutilidade do G-20 →

Lei e gozo

fe2Fidel Vidal. Este é o primeiro e único principio da ética sexual: o acusador nunca ten a razón, afirma Adorno. A presenza do pai non só impón represión sobre a posta en acción do acceso ao gozo senón tamén, mediante a interiorización simbólica -simbiótica- propón a veda, a inserción da Lei, a lei da prohibición do incesto, coa máxima expresión precisamente cando falta o pai. No seu lugar haberá un oco, un baleiro convertido en metáfora: a metáfora do Nome do Pai. Seguir lendo Lei e gozo →