Xerardo AgraFoxo. Máis que unha película, esta historia baseada en feitos reais semella un docudrama no que se enfronta a dúas personalidades históricas tan controvertidas como diferentes entre si. Nun lado está o presidente Richard Nixon nun intre do seu mandato condicionado polas protestas urbanas e a posibilidade de perder a Guerra do Vietnam. Na outra, Elvis Presley, o Rei do Rock, en declive a medida que a beatlemanía arrasaba nos Estados Unidos, que intenta entrar no Despacho Oval para cumprir unha teima que se lle meteu na cachola durante as noites de insomnio en Graceland Seguir lendo Elvis & Nixon , de Liza Johnson
Correr é de covardes
X. Ricardo Losada. Tras ler un texto meu no blog Café Barbantia sobre os paraugas e a chuvia, Magdalena escribiu un comentario no que contaba unha substanciosa anécdota. Un señor de Palmeira vai cos dous fillos en bicicleta cara o estaleiro do Caramecheiro. De súpeto comeza a chover e os fillos pedalean con máis forza para chegar primeiro. O pai grítalles: “Pero que facedes, non vedes que se corredes máis, colledes a chuvia de aquí e a de alá”. Seguir lendo Correr é de covardes
Manuela del Río, mestra e activista en tempos da Segunda República

Antón Rodríguez Gallardo. Ma-nuela del Río nace en Boiro en 1890 no seo dunha familia labrega acomodada con raíces no pazo de Fonteneixe. Grazas ao seu tío Francisco, ex seminarista e mestre tetrapléxico con escola no lugar d´O Rexidor, Manuela entrará en contacto de moi nena co estudo e a lectura, para converterse co tempo na axudanta do mestre. Seguir lendo Manuela del Río, mestra e activista en tempos da Segunda República
Paisaxe olfactiva

Agustín Agra. Este día aprendín que un bufo, ademais dun xénero de anfibios entre os que se atopa o sapo europeo, é un peido cheirento que non fai ruído. Daquela, apenas as miñas neuronas comezaron a enlearse en pensar no papel que desenvolven as papilas olfactivas, o meu caletre deu en enfiar que os cans cheiran a can, os porcos a porco, as flores a flor, mais que o home -estraño animal o home!- é o único animal por min coñecido que rexeita o seu propio arrecendo. Seguir lendo Paisaxe olfactiva