Marina Losada. Unha folla arrincada dun caderno ou mellor a envoltura dun caramelo, dálle cor; de non ser cadrada, o mago dóbraa dende un vértice ata acadar o tamaño que desexa e, coa tesoira de aceiro, ben afiada, recorta un triángulo que ao abrir forma cadro; dóbraa polo medio das arestas, míraa e volve dobrala; apértaa con forza; prégaa triangulando cada cuarto sobre si dende o vértice; míraa e aperta con forza; ábrea, obtendo un cadrado máis pequeno; dóbraa polo medio das arestas, deixando as aberturas dentro, e volve dobrala; míraa e aperta con forza Seguir lendo Paxarela
Áine
Tania Pose Ordóñez. Non acostumo escribir sobre o tema que quero tratar hoxe, mais creo que coa miña idade pórme seria de vez en cando non me ben nada mal, nin a min nin a todos aqueles que me len, sobre todo aos que desexan que chegue este día da semana no que publico algo. Non demorarei isto máis do que debo… O asunto pode ser doado para algunhas persoas, mais ao mesmo tempo é ben complexo para outras (para min tamén). Hoxe escribirei, pois, sobre a lingua. Sobre a miña, non outra… Sobre o galego. Seguir lendo Áine
A mirada interior
Fidel Vidal. Existir, ex-sistencia, é un “nacer”, unha forma de saír dun determinado sitio, para estar nun “fóra de lugar” dinámico. Este non estar onde se espera, como se dun significante oculto se tratase, equivale a, como sexa, pórse noutro lado, nun outro lugar. O obsesivo teima por colocar cada cousa no seu sitio e ter un sitio para cada cousa, unha maneira inconsciente de se desculpar por culpa dunha (suposta) falta cometida. Seguir lendo A mirada interior
Hendrix: Are You Experienced?
Gonzalo Trasbach. Despois de pór a súa fabulosa técnica guitarrística ao servizo do talento de xentes coma King Curtis, Little Richard, B.B. King, Sam Cooke, Isley Brothers, Ike&Tina Turner, Curtis Knight e os Famous Flames de James Brown, James Marshal Hendrix (Seattle, 27/11/1942-Londres, 1970), a quen o seu mananger Chas Chandler, baixista de The Animals, rebautizou coma Jimi Hendrix, viaxou a Londres, onde atopou a súa lanzadeira musical definitiva. Seguir lendo Hendrix: Are You Experienced?