Pastor Rodríguez. Nacido en Ribeira o 17 de outubro de 1784, Manuel Jacobo Fernández Mariño foi doutor en Medicina pola Central de Madrid en 1808 e especializouse en hidroterapia, sendo médico titular de Caldas de Reis en 1812, onde contribúe a crear o balneario Acuña. Nas primeiras oposicións a médicos de augas en 1817 obtén a praza como médico director de Caldas de Reis e Baños de Cuntis, e en 1827 logra a Cátedra de Terapéutica Xeral e Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela. Pero en 1841 abandona a dirección dos balnearios por incompatibilidade coa súa cátedra. Seguir lendo Un terapeuta de Ribeira do século XIX
“Aurora na ría de Arousa”,

Eme Cartea. A este par de artistas, Guille e Gloria, ningunha das técnicas picturais lles son alleas. Neste caso, a dúas mans, indagan nas inmensidades do lenzo, inocente e receptivo, con cores harmónicas, vivas, simbólicas, excitantes, psicolóxicas, connotativas, musicais, case fantasiosas, que apuntan directas á maxia sensible da ollada. Amantes confesos e apaixonados da paisaxe galega, profunda, misteriosa, indómita e acuosa, ofrécennos unha «paisaxe da emoción» polisémica que nos conmove entre ventos e chuvia, e renace talvez en saudosos crepúsculos de euforia acendida. Seguir lendo “Aurora na ría de Arousa”,
Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda
X. Ricardo Losada. En 1876 Valentín Lamas Carvajal escribiu que o Pico Sacro era un monte xigante que erguía a cabeza ata os ceos “ond´a alfombra de Dios estás sostendo”. Tamén consideraba que era o “eterno gardador, vixia forte d´a nosa terra”. En xuño de 2016 Ramón Vilar Landeira escribiu que os sábados e os domingos gustáballe facer o amor á sombra do Pico Sacro mentres Van Morrison cantaba Brown eyed girl na radiocasete do coche. Son dous dos textos que aparecen no libro Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda que a editorial Alvarellos acaba de publicar con gran esmero e coidado. Seguir lendo Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda
Tan humana esperanza, de Alessandro Mari
Xerardo AgraFoxo. Este autor lombardo (Busto Arsizio, 1980), sería un perfecto descoñecido no mundo literario italiano se non fose polo éxito que tivo esta obra, Premio Viareggio 2011, Premio Kihk Green Opera Prima, Premio Massarosa e considerada por La Stampa como unha grande fazaña narrativa. Unha obra ambientada na primeira metade do século XIX e que ten como eixe condutor catro mozos na procura dunha vida mellor: Colombino, un labrego orfo perdidamente namorado; Leda, unha fuxitiva dun convento recrutada como espía; Lisander, pintor retratista de mulleres aristócrata engaiolado polo novo arte d Fotografía; e un tal Giuseppe Garibaldi, aventureiro e revolucionario que pretendes cambiar o rumbo da historia. Seguir lendo Tan humana esperanza, de Alessandro Mari