Tan humana esperanza, de Alessandro Mari

tan humanaXerardo AgraFoxo. Este autor lombardo (Busto Arsizio, 1980), sería un perfecto descoñecido no mundo literario italiano se non fose polo éxito que tivo esta obra, Premio Viareggio 2011, Premio Kihk Green Opera Prima, Premio Massarosa e considerada por La Stampa como unha grande fazaña narrativa. Unha obra ambientada na primeira metade do século XIX e que ten como eixe condutor catro mozos na procura dunha vida mellor: Colombino, un labrego orfo perdidamente namorado; Leda, unha fuxitiva dun convento recrutada como espía; Lisander, pintor retratista de mulleres aristócrata engaiolado polo novo arte d Fotografía; e un tal Giuseppe Garibaldi, aventureiro e revolucionario que pretendes cambiar o rumbo da historia. Catro personaxes cuns destinos encerellados polos conflitos que os espreitan. Catro historias paralelas que configuran un cadro histórico trazado cunha sorprendente ambición narrativa e un gran coidado dos asuntos da vida cotiá máis prosaicos.

Con este alicerces argumentais, Troppo umana speranza (2012), coma se fose unha novela decimonónica, como Os noivos, de Manzzoni, ou A cartuxa de Parma, de Stendhal, semella unha novela épica, onde teñen cabida os amores non correspondidos, a aventuras nacionalistas, o fervor da mocidade e a loita polos ideais máis inimaxinables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *