Un terapeuta de Ribeira do século XIX

terapuetaPastor Rodríguez. Nacido en Ribeira o 17 de outubro de 1784, Manuel Jacobo Fernández Mariño foi doutor en Medicina pola Central de Madrid en 1808 e especializouse en hidroterapia, sendo médico titular de Caldas de Reis en 1812, onde contribúe a crear o balneario Acuña. Nas primeiras oposicións a médicos de augas en 1817 obtén a praza como médico director de Caldas de Reis e Baños de Cuntis, e en 1827 logra a Cátedra de Terapéutica Xeral e Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela. Pero en 1841 abandona a dirección dos balnearios por incompatibilidade coa súa cátedra. Na cidade de Compostela foi síndico fiscal da universidade, médico do Tribunal Superior do Reino de Galicia e académico de Medicina e Cirurxía. Foi autor de obras da súa especialidade como Topografía físico-médica de la villa de Caldas de Reyes (Santiago, 1814), Anuncio sobre las investigaciones físico-químico-médicas de las aguas minerales de Caldas de Reyes y Caldas de Cuntis en la provincia de Santiago de Galicia… (Santiago, 1828), Cánones generales fundados en reiteradas observaciones físicas, químicas y médicas… (Santiago, 1841), entre outras, sen esquecer o Opúsculo sobre enfermedades de los ojos (Valladolid, 1822). Aínda en 1851 publica o Programa de las Lecciones de la Facultad de Medicina, que é a súa derradeira obra editada. Debeu morrer despois desa data e as obras foron xa estudadas por Pedro Rubio en 1853 e Taboada Leal en 1877, e máis recentemente (1995) por Fausto Galdo na Introducción a la historia de las aguas minerales de Galicia.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Pastor Rodríguez. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>