Gonzalo Trasbach. Sexo y silencio é a decimo oitava obra que publica o escritor, profesor de Filosofía e crítico de arte e cine Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952). É tamén a terceira que ve a luz baixo o potente selo valenciano Pre-Textos. Nas 250 páxinas deste volume o filósofo santiagués proponse pór en orde toda unha seriede experiencias que viviu e perturbárono nalgúns intres da súa intensa traxectoria vital, aínda que axiña fai unha puntualización: <sendo como é un libro que contén unha fonda carga de confesión persoal, en absoluto se trata dunha obra autobiográfica>. Mais tamén recoñoce que o expón sen ningún pudor, nin rubor. Seguir lendo Sexo y silencio, nova obra de Ignacio Castro
Pura auga de coco, boa para o ril
Amancio Pampín Suárez. A última xornada foi a máis longa. Saímos moi de mañá na traseira dun camión, reptando entre estreitos desfiladeiros, como gando que vai ao matadoiro. A media hora, na estrada xeral, o condutor do microbús agardaba por nós desde había dous días. Seguir lendo Pura auga de coco, boa para o ril
O achado dos petróglifos de A Costa

Juan Antonio Dieste Meis/Víctor Barbeito Pose. A estas alturas a ninguén lle pode sorprender o descubrimento dun gravado rupestre na comarca do Barbanza. Cóntanse por centos, sobre todo logo dos traballos levados a cabo no termo municipal de Porto do Son que fixo aflorar ducias deles. Mais no termo municipal de Lousame non se chega á ducia, cun número anormalmente reducido de restos arqueolóxicos. Seguir lendo O achado dos petróglifos de A Costa
Irmandade sindical agraria
Marina Losada Vicente. Unha das cousas que máis o preocupou, desde que enfermou, foi que eu tivese unha saúde de ferro. Moito porfiou con iso! Mesmo preguntou a que idade morreran papá Santiago e a avoa Pepa. Seguir lendo Irmandade sindical agraria