Marina Losada Vicente. Estou na praia intentando durmir. Unha muller charla cunha amiga, toalla contra toalla, a tres metros de onde eu repouso. Escoito todo o que din, mal que me pese. Así son sabedora de que a súa filla Teresiña é unha apaixonada do ouro. Desde rapaza pide xoias do precioso metal nos seus aniversarios, no Nadal, na súa onomástica… Seguir lendo Unha historia para vender
Bobok, de Dostoievski
Fidel Vidal. Bobok en ruso significa feixón, faba pequena, algo insignificante e cativo, mais tamén, seguindo os pasos dunha onomatopea, se se repite, pódese dicir da fala inintelixible, dun farfallar. Mesmo das derradeiras boqueadas dunha fala. Bobok -o conto máis hiperbólico e fantástico que escribiu Dostoievski-, segundo algúns autores (Nogales-Baena) puido influír no Pedro Páramo de Juan Rulfo, xa que logo, en ambos os dous, os mortos falan, os defuntos -mortos falantes-, conversan entre eles. Conversacións con trazos alucinatorios que o alcohólico Ivan Ivanych escoita no cemiterio e nos relata o que alí embaixo sucede. Seguir lendo Bobok, de Dostoievski
Aquelas festas do Patrón
Emilio Castro Fustes. Sorrío ao atopar a imaxe que acompaña este texto, entre as láminas dun vello álbum, sobre o que se derramou inexorablemente o tempo. A instantánea corresponde a un día do Patrón aló polos primeiros anos da década dos 60 do século pasado. Madía leva que perdera nitidez e que moitas desas vidas xa teñan caducado. Seguir lendo Aquelas festas do Patrón
Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX
Román Arén. A popularidade de Macías como amante e a súa lenda permiten afirmar que ata Rosalía de Castro foi ao poeta galego máis popular na literatura castelá, personaxe de dramas (Larra), novelas, e cantado por Juan de Mena, o marqués de Santillana, Rodríguez de Padrón, Guevara, Lope de Vega, Calderón, Quevedo, Garci Sánchez de Badajoz, Vicetto, Vázquez Queipo… Un dos que cita a Macías é o músico-poeta Gregorio Silvestre. Nado en Lisboa en 1520, en 1541 gañou a praza de organista da catedral de Granada. Amigo de Hurtado de Mendoza e de Barahona de Soto, é un poeta de transición entre a escola tradicional española e a escola italianista. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX