Gonzalo Trasbach. Nunha conferencia que pronunciou en Cerisy-la-Salle, Normandía, en agosto de 1955, Martin Heidegger preguntaba, como introdución a unha conversa, que é iso da filosofía? Nun punto da exposición o profesor de Friburgo di: <Todo ente é no Ser. O oír isto soa para os nosos oídos como algo trivial, mesmo insultante. Ninguén ten por que preocuparse de que o ente pertenza ao Ser. Seguir lendo Para Magdalena: Que é iso da música?
Inocencia e segredos do silencio
Fidel Vidal. Se algo define ao místico é a denominada experiencia extrema da unión. Esta unión pertence ao mundo interior. O místico non quere coñecer, o místico quere ser, en tanto que incompleto, é dicir, como non-ser (María Zambrano, Claros del bosque). A alma de quen se fai místico non pode proseguir na natureza nin tampouco no coñecemento, nin sequera -de aquí esta profunda contradición na figura de frei Juan de la Cruz- na poesía. Necesita saír do pozo da súa soidade “aínda que lle custe o non ser cando xa teña saído.” Seguir lendo Inocencia e segredos do silencio
Noruegueses de Noruega…
Francisco Ant. Vidal Blanco. Está moi ben que o retrato de Rosalía vaia estampado na popa dun avión de Norwegian. Pero non me cadra. ¿Que conseguen ou pretenden? Pode quedar moi bonito, e ata pode haber quen o considere un acto de recoñecemento galeguista universal, pero se o pensamos ben ¿cantos van fixarse nesa foto trucada nun avión estacionado ou a tres mil metros de altura? Seguir lendo Noruegueses de Noruega…
O motel do voyeur, de Gay Talese
Xerardo AgraFoxo. A principios de 1980, este xornalista do The New York Times, recibiu una carta de Gerald Foos, un home que lle contou un suceso abraiante: abrira un motel en Denver e colocara nos tubos de ventilación unha plataforma para espreitar o comportamento sexual dos seus clientes. Talese quedou tan seducido que foi visitar o lugar e mesmo participou en varias sesións de observación. Malia que nun principio decidiu non escribir sobre o asunto, porque o pousadeiro lle confesou que nunha ocasión presenciara un asasinato, pasado o tempo e superadas as conviccións éticas, sae á luz esta obra que reflicte o sucedido. Seguir lendo O motel do voyeur, de Gay Talese