Ester Rincón-Benzalá

ester
«Trampa». Gravado en prancha de cartón con tarlatana e logo pintado

Eme Cartea. Neste gravado de Ester Rincón-Benzalá, que formou parte da colectiva BarbantiaRte V, titulado simbolicamente Trampa, a causa da súa polisemia formal e expresiva, a autora bota man dun procedemento non recorrente que nos achega a unha técnica sinxela e próxima que se arreda doutras formas que nos son máis canónicas. No catálogo da exposición lemos: «A súa obra sitúase entre a figuración e a abstracción. Seguir lendo Ester Rincón-Benzalá →

Xilbarbeiras, acivros e teixos

Os tres froitos teñen o seu perigo, e o do acivro -no centro- incluso pode provocar a morte
Os tres froitos teñen o seu perigo, e o do acivro -no centro- incluso pode provocar a morte

Fernando Losada Rodríguez. A volta á clase era dura, pero necesaria. Case tres semanas ocupados con cousas «máis importantes» como ver a familia ou estar cos amigos. Pero a vida seguía e había que dar a materia. Carlos, o mestre, falou do reino vexetal. «Xa comentamos que os cogomelos non son plantas, xa que non fan a fotosíntese. Seguir lendo Xilbarbeiras, acivros e teixos →

Doutor, John Ford abúrreme!

fort-apache-cartel-peliculaX. Ricardo Losada. Nunca pensei que chegaría a dicir isto. As películas clásicas de acción abúrrenme, parécenme mal feitas e enfocadas a un público naif, sobre todo as de John Ford con John Wayne presente. Dígoo como se estivese diante dun psiquiatra revelándolle síntomas dun trastorno mental grave que, agardo, non sexa irreversible. Daría un ril por volver a gozar películas como Fort Apache, Río Bravo ou Centauros do deserto. Que me pasa, doutor? Como é posible que me guste máis a acción autocrítica de Apocalypse now que a acción pura de Morreron coas botas postas? Seguir lendo Doutor, John Ford abúrreme! →

Literatura, desexo e orfandade

juan_cruz03Fidel Vidal. O desexo é algo que se ten e non se ten. Que se ten como falta e non se ten como posibilidade. Mentres o desexo se move no devir do eu, a demanda fai que o suxeito sexa. De onde xorde a falta? E de que falta estamos a falar? André Gide, Fernando Pessoa, Manuel Antonio, foron orfos de pai desde moi cativos. Manuel Antonio procurou, inconscientemente, a través da enfermidade e da morte, unha identificación coa figura do pai (O sol da tristeza, Espiral Maior, 2010). Algo semellante sucedeulle a san Juan de la Cruz. Seguir lendo Literatura, desexo e orfandade →