Patria, de Fernando Aramburu

patriaXerardo AgraFoxo. Remato de ler as 650 páxinas desta espléndida novela o 20 de outubro deste 2016, é dicir, cinco anos despois do anuncio do cese definitivo de ETA. Atrás quedaron o 829 asasinatos desta organización terrorista, o 90 % cometidos durante o período democrático, sen que conseguise ningún dos seus obxectivos: nin o dereito de autodeterminación nin a unión de Navarra a Euskadi. Atrás quedaron tamén os crimes do GAL. Patria (2016) conta a historia de Euskadi durante os últimos corenta anos. Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959), autor tamén sobre o mesmo tema de Los peces de la amargura (2006) e Años lentos (2012),  retrata unha sociedade violenta e unha época tormentosa Seguir lendo Patria, de Fernando Aramburu →

O valor dunha man

manFrancisco Ant. Vidal Blanco. Agora mesmo non lembro en que conto de Miguel Torga se fala dun médico de Tras-os-montes especializado en facer eivados para pedir con causa nas portas das igrexas e nos camiños das romarías. Quédame daquela lectura unha amarga sensación, un arrepío que soseguei convencéndome de que aquilo só era un conto, unha fantasía do autor, algo que por raro e insólito nos parece imposible. Pero agora, tras coñecer o caso dun paisano de Castellón, de quen a prensa se fixo eco hai unhas semanas, veño saber que aquel conto dos mutilados só é unha anécdota. Seguir lendo O valor dunha man →

O ADN cultural galego

adn
Os últimos lumes afectaron un centenar de xacementos arqueolóxicos en Porto do Son

Víctor Barbeito Pose. Hai uns meses (re)vivimos unha traxedia que xa é habitual: os lumes forestais; segundo parece, as causas son un galimatías no que non teño opinión experta, pero si a teño das consecuencias deses lumes, mais da xestión que se está a facer do monte. O último lume en Porto do Son afectou un centenar de xacementos arqueolóxicos, principalmente ducias de rochas con figuras gravadas que son unha das manifestacións culturais máis importantes da Prehistoria europea. Seguir lendo O ADN cultural galego →

Afrodisíacos das “Boticas Prodixiosas”, de Álvaro Cunqueiro

tertulia 3Fidel Vidal. Tertulia de boticas prodigiosas, é un fermoso e ilustrado libro de Álvaro Cunqueiro, editado por Destino en 1976, cunha tirada de 3000 exemplares numerados, asinados os primeiros 500 que se acompañan dun augaforte de Celedonio Perellón. Nun alarde de erudición e fantasía Cunqueiro describe múltiples elixires e singulares remedios para os máis variados padecementos. “Escribir estas páxinas, foi para o autor –dedicadas á memoria do seu señor pai, boticario na episcopal cidade de Mondoñedo-, como tomar unhas plácidas vacacións”. Seguir lendo Afrodisíacos das “Boticas Prodixiosas”, de Álvaro Cunqueiro →