A mestra de párvulos, de Nadav Lapid

mestraXerardo AgraFoxo. Esta aposta cinematográfica do director israelí Nadav Lapid (Tel Aviv, 1975) semella nun principio un tanto rara, incómoda e talvez incomprensible. Os dous protagonistas desta desacougante historia son unha mestra,  Nira,  e o seu alumno de cinco anos, Yoav. Os dous son seres inadaptados no seu entorno: Ela ten unha parella coa que está máis por costume que por outra cousa e ten uns fillos aos que apenas ve; o pequeno é, a efectos prácticos, un orfo que ve como seu pai non lle fai caso, pendente como está dos seus negocios e que lle conta que súa nai morreu cando o certo e que se divorciou del e marchou a Estados Unidos. Seguir lendo A mestra de párvulos, de Nadav Lapid →

I.ria (Santos Rodríguez). A linguaxe da forma e da cor

iriaEme Cartea. A arte, consubstancial ao ser humano dende as máis afastadas cavernas, é un magnífico medio de expresión emocional e afectivo e, nas crianzas, fundamental «para o seu proceso mental, perceptivo e afectivo, a progresiva toma de consciencia persoal e social e para o seu desenvolvemento creador». Seguir lendo I.ria (Santos Rodríguez). A linguaxe da forma e da cor →

Paro e parados na sociedade do lixo

paro1Fidel Vidal. As multinacionais, as guerras –incluso as exercidas por un “militarismo humanitario”-, son quen de nos amosar o Outro que hai que protexer: un Outro “bo mentres sexa vítima”. No momento en que deixa de se comportar como necesitado e quere defenderse por si mesmo, de inmediato se converte nun perigo. As fábricas que se montan nos países pobres “crean riqueza” e fanos máis libres. Seguir lendo Paro e parados na sociedade do lixo →

Finis Coronat opus

Panero-1-e1471605357547Agustín Agra. Maldito. Esquizofrénico. Politoxicómano. Dipsómano. Autodestrutivo. Apocalíptico. Transgresor. Excéntrico. Performático de si mesmo. Señor das boutades. Arlequín. Dandi. Sórdido. Disruptor. Provocador. Paranoico. Lucido sempre. Lúcido, como só os esquizofrénicos poden selo. Tolo por decisión, por vocación. Explorador no límite. Especulador da loucura. Sosias de Antonin Artaud. Seguir lendo Finis Coronat opus →