Fidel Vidal. Dar con esta obra causou en min fonda emoción e unha sensación de tenrura. Trátase de do libro de Miguel Hernández 2 cuentos. A editorial Palas Atenea de Madrid presentou en 1988 unha edición numerada en dous volumes, como un díptico. O primeiro vén asinado por José Carlos Rovira baixo o título Últimas ausencias para un neno (Algunhas notas a dous contos traducidos por Miguel Hernández) no que, ademais de reproducir os contos, fai unha análise comparativa coa poética de Hernández; e o segundo volume é un exemplar en edición facsímile dos “2 cuentos”, “inéditos, traducidos e ilustrados por Miguel Hernández”. Seguir lendo Miguel Hernández, 2 contos
Torbernita

Xulio Gutiérrez. Torbern Olaf Bergman estudaba demasiado. Mentres que o seu pai quería que se fixese avogado, el devecía pola física. Para compracelo, matriculouse en ambas carreiras na Universidade de Upsala. O caso é que o corpo non lle aguantou e tivo que tomarse uns meses de repouso. Seguir lendo Torbernita
O inconsciente é un océano de néboa
X. Ricardo Losada. Escribimos, dixo alguén, para saber o que non sabemos que sabemos. É a impresión que teño agora mesmo, luns pola mañá, ao pórme a escribir este texto tras unha viaxe de fin de semana á Fonsagrada. Hai algo que non sei que sei sobre esa viaxe, e quero saber que é. Porque, quizais, quen sabe, nesa ignorancia íntima e fértil estea a clave que me permita entender por que na viaxe de volta, algo máis de dúas horas e media, estiven dominado por unha radiación de fondo de felicidade moi intensa e que, por moito que o intentei, non conseguín descifrar de onde viña. Seguir lendo O inconsciente é un océano de néboa
A curta vida do bergantín-goleta “Puerto del Son”
Manuel Mariño del Río. Ao redor do ano 1920 varios industriais e armadores sonenses formaron sociedades para a construción de embarcacións a motor ou máquinas de vapor, coñecidas como “motoras”, dedicadas á pesca da sardiña. Así mesmo, os carpinteiros de ribeira seguían construíndo dornas, lanchas bucetas, etc. que durante anos deron vida á dársena sonense. Seguir lendo A curta vida do bergantín-goleta “Puerto del Son”