Xiana

ramiroRamiro Ouviña O. Renxen as persianas que Xiana recolle antes de abrir a fiestra pola que se coa unha lene brisa que axita agarimosa a súa media melena. Espreguízase demorada, estirando os brazos ao máximo, primeiro aos costados, despois por enriba da cabeza, nunha tensa e fermosa V de vitoria, e remata finalmente detrás da cabeza, coas mans xunguidas sobre a caluga. Nun desafío instintivo, animal, ao novo día adianta o torso e por un instante, por menos do que dura un lóstrego Seguir lendo Xiana

Faiado con vistas -minifundio-.

papeles-pintados-claraboyaMarina Losada Vicente. Alba pediu que o cabodano de Xolo se celebrase en sábado. Ninguén a esperaba Se aínda fora no enterro! Certo que daquela estabamos pechados pola pandemia, pero vir desde Lleida por un tío que nin sequera tivo a ben testar! Non é fácil ser o transmisor dunha herdanza. A min, que xestionei os tributos, fíxome falta escoitar a Alba para entender os motivos do causante. Seguir lendo Faiado con vistas -minifundio-.

Pasou o que pasou, de Lito García Lago

descargaXerardo AgraFoxo. Este libro comeza coas primeiras eleccións autonómicas de 1981 que levaron á Presidencia da Xunta a Fernández Albor da lista da Coalición Popular. Durante esta primeira lexislatura, o autor analiza a crise xurdida pola capitalidade de Galicia, a expulsión de tres deputados nacionalistas por non xurar a Constitución e os problemas derivados pola Foxa Atlántica e a reconversión industrial. Despois analízase a segunda lexislatura, onde Albor se enfrontou con Barreiro Fernández. Unha crise que daría lugar á moción de censura que levaría no 1987 a Fernando González Laxe á Presidencia da Xunta. Unha curta época marcada pola debilidade dun goberno que carecía do apoio dos socialistas de Ferraz. Seguir lendo Pasou o que pasou, de Lito García Lago