Consumir e (é) consumirse

450_1000Fidel Vidal. “Sempre se creu -é a ideoloxía mesma dos mass-media- que son os media os que envolven as masas. Pescudouse o segredo da manipulación nunha semioloxía encarnizada dos mass-media. Pero esqueceuse, nesa lóxica inocente da comunicación, que as masas son un médium máis forte que todos os media, que son elas as que os envolven e os absorben -ou que polo menos non hai ningunha prioridade de un sobre outro. Seguir lendo Consumir e (é) consumirse

Outra volta ao Hamlet

O Andel. A_vinganza_de_Fortimbras. imaxeRomán Arén. Francisco A. Vidal é coñecido, sobre todo, como narrador, xornalista e etnógrafo, mais tamén cultiva o teatro, xénero no que publicou A serea (2006). Vén agora de gañar o III Premio Laudamuco, con A vinganza do señor Fortimbrás, e une o seu nome a Xavier Lama e Raúl Dans, anteriores ganadores. A partir dunha lenda nórdica, Vidal dálle unha reviravolta a un mito, Hamlet, é dicir, a Shakespeare e ao noso Cunqueiro. O xurado sinalou que a relectura de Vidal dá o protagonismo aos personaxes secundarios, o que enriquece a lenda. Vinganza, sexo e poder son as forzas principais da acción. A trama amosa un Elsinor que vai camiño da destrución do reino e que esa caída non vén polas armas senón polas artimañas que empregan o medo Seguir lendo Outra volta ao Hamlet

Let it Be e as Nagra Tapes

91kCrLkVSxL._SL1500_Gonzalo Trasbach. Nestes últimos meses deste ano celebramos o 50º aniversario da publicación do disco que pechaba unha traxectoria incomparable, e á vez rubricaba a disolución do grupo máis relevante e famoso de todos os tempos da historia da música pop: “Let It Be”, unha obra que comezou a xestarse en xaneiro do 1969 e deveu nun avispeiro de especulacións erradas para os anos vindeiros, pero tamén é ao mesmo tempo un rexistro, unha demostración da maxia musical na que vivían instalados os de Liverpool desde 1966. Seguir lendo Let it Be e as Nagra Tapes