Xulio Gutiérrez. Non é normal que un fento medre na auga, pero Azolla filiculoidesnon é un fento común. Chegou de sudamérica hai uns anos e chegou para quedarse. É unha das expecies exóticas invasoras máis estendidas do mundo porque combatela é difícil, caro e, ao cabo, inútil. Seguir lendo Azolla
Retrato
Marina Losada Vicente. A fotografía, en branco e negro, era a mellor dunha exposición que contaba cun cento de rostros enmarcados, repartidos entre vinte taboleiros, traballo fin de curso dun grupo de afeccionados ás cámaras convencionais, aquelas con rollo de negativos. Antes de escollela para o panel central, alumnado e mestre encomiaron o enfoque, a técnica, a luz. Premiaron sobre todo a humanidade que transmitía. Unha foto roubada ao azar, que parecía un posado! Natural. Plástica. Tenra. Para quen as coñecía, unha mirada nova sobre as protagonistas do cadro, ás que días antes definirían como dúas vellas illadas na común soidade. Seguir lendo Retrato
“Verbas de paleta”. A forza do contraste
Eme Cartea. Referímonos a Carme Sampedro, que acaba de expor no Centro Empresarial do Tambre a serie “ELA”, en vermello sobre negro, 20 acrílicos de gran formato fusionados cos seus poemas en galego, de temática cordial. Un conxunto coreográfico de tensión e dinamismo onde a figura aparece como conxelada no tempo a modo de proxección fotográfica, e animada pola xestual lixeireza da pincelada, de poderosa e sensual expresiviade matérica.
Sabemos que esta proposta supón unha radical mudanza na prometedora carreira desta artista plástica atrapada na súa íntima necesidade de crear Seguir lendo “Verbas de paleta”. A forza do contraste
Da Pobra a América, Frei Alonso del Espinar
Pastor Rodríguez. Nada proba que Frei Alonso del Espinar fose da Pobra do Caramiñal, nin sequera que fose galego, pero sabemos que en 1499 era superior do convento franciscano de Santo Antonio do Xobre, e que en 1502 acompañou o comendador frei Nicolás de Ovando cando este pasou a América como gobernador das illas descubertas por Colón Seguir lendo Da Pobra a América, Frei Alonso del Espinar