Patricia Torrado Queiruga. Hai tantos días e meses xa que o mundo cambiou e dun xeito tan brusco, que seguimos botando en falta os bos días de cada mañá, e descubrimos que nunca antes miraramos tanto aos ollos a quen coñecemos de sempre, que temos que descifrar polo andar, polas maneiras, polo timbre de voz a quen antes recoñeciamos polo sorriso a douscentos metros. Chegamos a evitarnos, cando o que nos gustaría sentir é a proximidade, a calor. Seguir lendo As heroínas tamén choran
Corte princesa. Cambio de tendencia
Marina Losada Vicente. Aquí estás, de pé, diante do espello. Disposta a saír á rúa. Un dos teus mellores vestidos, ese co que te sentes tan muller. Corte princesa, un deseño que sae do escave, pasa polo medio do peito e chega ao talle, alterando os patróns para dar forma ao busto. Si, na casa saben de moda. Ti presta atención! Saben tamén que cada peza ten o seu acorde cos complementos. Remachan que se a tea é dunha cor neutra, debe levar algún detalle de cor viva, estratexicamente colocado, asinando estilo. Seguir lendo Corte princesa. Cambio de tendencia
Zahira

María Xesús Blanco. Un dente de león pode viaxar centos de quilómetros. Pode incluso cruzar fronteiras. Iso pensou Zahira cando sentiu o vento asubiando dende o cumio do faro. Soprou con suavidade sobre a esfera branca e de súpeto viu unha morea de peluxes voando. O desexo de estar contigo. Unha tarde de verán rebentada pola ausencia. Colleu o neno da man e baixou polo carreiro. O sol comezaba a esvaerse e percibiu a inquedanza da luz minguante no horizonte. Lembraba ben aquel rebumbio de voces. O pole que se espallara polo aire. E as pegadas dos que camiñaran nerviosos ata a praia onde agardaba a incerta singradura. A imaxe xurdiu poderosa na súa mente. A súa meixela pegada á túa. Pel con pel. A túa epiderme humedecida. Seguir lendo Zahira
Olladas instigantes en cor
Eme Cartea. A coñecida frase de Oscar Wilde afirmando que «nos mellores momentos da arte non había críticos de arte», déixanos espidos diante da crúa verdade. Isto é, que a crítica en nada mellora a creación. Somos prescindíbeis. Seguir lendo Olladas instigantes en cor