Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIII. Mariano Gómez e Rafael Dieste

aaaaaaaRomán Arén. Mariano Gómez Fernández naceu en El Espinar, Segovia, en 1903. Comezou a súa andaina como poeta con Primera salida (poemas) (Segovia, 1925), para logo aproximarse á poética da Xeración do “/ cos poemarios Fiesta (Salamanca, 1929) e El sol por otros cielos (Madrid, 1935). Moi amigo de Eduardo Dieste, colaborou na revista <P.A.N.> e prologou o libro do uruguaio-galego Buscón poeta y su teatro (1933). A súa sinatura apareceu en revistas de vangarda como <Papel de vasar> e <Manantial>, mais tamén en <Atlántico> e <Castilla Gráfica>. Participou na guerra civil como miliciano e escribiu en <Umbral>, <Nova Galiza> e <Hora de España>, onde coincidiu con Rafael Dieste. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIII. Mariano Gómez e Rafael Dieste

Robert&Robert: vidas cruzadas

ab67616d0000b273660561ea691a62bed9cdbff0Gonzalo Trasbach. Domingo. 5 de setembro. Tarde sufocante. Lenta e talvez un pouco máis aburrida do habitual. Atopamos en YouTube un afastado concerto do 1971 de Soft Machine, que arranca coa memorable Moon in June. Busco algunha información sobre Robert Wyatt, o cantante e batería dunha formación fundada no 1966 e que xunto con Caravan foron os expoñentes más sobresaíntes do chamado Son Canterbury. No equipo inicial, ademais de Wyatt, estaban Kevin Ayers, Mike Retledge, Hug Hooper, Alan Holdsworth, Daeven Allan Seguir lendo Robert&Robert: vidas cruzadas

Conversas de escaparate. O macuto

fidel1Fidel Vidal. -Un día ben estraño o de hoxe. Mesmo a alguén se lle esqueceu a mochila nese curruncho.

-Algún estudante que non quere ir ao instituto.

-Falas por propia experiencia. Nunca fuches afeccionado aos libros.

-Aos libros de texto.

-Vanche máis os contiños.

-Mira quen vai presumir! Bos desgustos lle deches aos teus pais. Seguir lendo Conversas de escaparate. O macuto

Regreso ao futuro

pexels-photo-1768067Mauricia Ces Quintáns. Cada verán desexo o regreso atrás. Ao marasmo da invernía, á monotonía da chuvia tralos cristais. Á posición fetal do punto de partida. Adormecer no diván do esquecemento. Estar no vento até caer estarrecida. Pensar que fago aquí, nesta galaxia descoñecida, fría, cada vez máis afastada da luz, máis próxima ao sol que derrete os sentidos. Volver. Cada verán coa súa opulencia, a súa falsidade, co seu brillo. Ao silencio. Cada verán, promesa incumprida cada verán, cada día, o futuro máis lonxe, inaprensible. Seguir lendo Regreso ao futuro