Marina Losada Vicente. Agradecía estar viúva. De ser o que estaba pensando, cousa como ela!, o home entraría en cólera. Nin sequera estaba segura do que significaba aquilo que se escoitaba dentro do cuarto da rapaza, cando se retiraba a descansar. Sentía un abismo baixo os pés só de pensar en tratar certas cousas coa filla. Encomendoulle o labor a unha veciña, á que moitas veces, no lavadoiro comunal, sentira gabarse, e non por soberbia nin por sobrada, das “marabillas” Seguir lendo Evelina. Ano 1950
Deuses con forma de can
X. Ricardo Losada. Hai anos que un filósofo norteamericano chamado Peter Singer falou da necesidade de pór no centro do debate o tema dos dereitos dos animais, comezando polos grandes simios pois son os máis parecidos a nós e teñen capacidade de sufrimento. A nivel filosófico o debate pódese resumir nesta pregunta: teñen dereitos os animais, e os seres humanos debemos recoñecerllos Seguir lendo Deuses con forma de can
Poñer en valor

Jose Lires. Moitas das paisaxes vividas e gozadas ao longo dos anos seguen a soportar dignamente as acometidas do tempo, e permiten aínda agromar aquelas sensacións pracenteiras froito dos momentos pausados das primeiras visitas. Outras, pola contra, non correron a mesma sorte. Seguir lendo Poñer en valor
Aire fresco
María Xesús Blanco. Que ganas temos de non usar a máscara. De ver o sorriso dos amigos ou o da veciña no primeiro encontro da mañá no portal do edificio. De saír á rúa sen máis preocupación ca de sentir nos beizos a lixeireza suave do vento. De buscar cores de carmín diferentes para pintalos cada día. Será que hoxe corre un aire fresco e non podo cavilar noutra cousa. Será tamén porque o temos ben merecido. Despois de encarar con afouteza e paciencia un percorrido longo con furados abruptos. Seguir lendo Aire fresco