Xerardo AgraFoxo. Logo de gañar o Premio Goncourt 2016 con Canción doce, onde narra o enfrontamento entre unha nai burguesa de orixe magrebí, e súa neneira, unha muller branca de orixe humilde, Leïla Slimani (Rabat, 1981), dirixe agora a ollada cara ao seu país natal, Marrocos, que se converte no pano de fondo do conflito xurdido na década dos anos 50 do século pasado, cando os ventos da independencia sopraban con forza no norte de África.
O país dos outros (2021) arranca no ano 1957 coa chegada de Mathilde, unha alsaciana humilde, á terra do seu home, Amín Belhach, un marroquí de Meknes, un militar de pel escura do exército francés durante a II Guerra Mundial. Seguir lendo O país dos outros


