Gonzalo Trasbach. “Embruxo” é o segundo álbum do proxecto musical bautizado como Baiuca (establecemento de servir bebidas, xeralmente de carácter modesto e popular. Taberna, tasca. Segundo di o Dicionario da Academia Galega) de Alejandro Guillán (Catoira, 1990), que se estreara na escena nacional co formidable “Solpor”. Neste novo traballo a música tradicional galega e celta vese transfigurada a golpe de sintetizadores, de elementos electrónicos, xerando unha atmosfera sónica que embruxa a quen se quere deixar embruxar, sobre todo. Seguir lendo O embruxo vén do outro lado do Ulla
A escritora na súa terra
Pilar Sampedro. Neste 2021, a homenaxe na súa terra, que cada ano dedica a AELG a un dos seus escritores ou escritoras, recaeu en Concha Blanco.Realizouse en Cee o sábado 12 de xuño. Como é costume, colocouse unha pedra sobre a que vai gravado un poema da autora, plantouse unha árbore (neste caso un pradairo, esa escultura de follas vermellas que colorea o aire) Seguir lendo A escritora na súa terra
De legumes e ventosidades
Marina Losada Vicente. Era máis que certo que a nora sabía por que non quería fabada, que insistía en poñer na mesa un domingo si e outro tamén. Levantando o testo da tarteira, quedaba claro que non contaba con ela para comela, a xulgar polo escaso das racións de repartila entre catro comensais. Paca limitábase a pitucar na fonte, rebeldía silenciosa, esquivando as fabas, e a facer sopas de pan. O día do aniversario do neto, a nai do rapaz convidou a un matrimonio amigo e á súa filla.
A voz da escola
X. Ricardo Losada. En canto tocou o timbre, Sarela recolleu a mesa e meteu todo na mochila. Un dos rotuladores caeulle ao chan e, a pesar de que non tardou moito en recollelo e colocalo nun peto interior do abrigo, cando enfilou a porta xa non había ningún compañeiro na aula. Como vivía a 200 metros do instituto, foi andando soa para a casa mentres vía unha longa ringleira de autobuses afastarse rúa abaixo cara aos diferentes e variados destinos dos seus compañeiros. Entón recordou algo que lle dixera o profesor de Ética uns días antes: Pensade no momento en que chegades á casa e metedes a chave na porta ou chamades ao timbre, que sentides? Que entrades nun lugar ao que estades desexando chegar ou que prefeririades ir a outro sitio? Seguir lendo A voz da escola