Todolos artigos de: cafebarbantia

Conversas de escaparate. Felicidade

B81B.tmpFidel Vidal. -Acompañaríasme a dar un paseo agora que non hai ninguén?

-Sería un pracer e unha honra pero pode chegar alguén.

-A estas horas?

-Un osmón ou unha mirona xamais pensa nas horas. Ademais resultaría unha estrañeza que nos viran collidas da man.

-Quen falou de pasear agarradas?

-E con estes sombreiros? Seguir lendo Conversas de escaparate. Felicidade →

La muerte de Virginia, Leonard Woolf

51L32LJPkYLXerardo AgraFoxo. Tal día coma hoxe, hai 80 anos, é dicir, o 28 de marzo de 1941, unha muller que se chamaba Adeline V. Stephen, encheu os petos da súa gabardina cuns croios e mergullouse no río Ouse, preto da súa casa en Monks House. Uns nenos atoparon o seu corpo dúas semanas despois, arrastrado pola marea, preto da ponte de Southease. Non fora a primeira vez que intentara tirar a vida. As sombras que a asañaban puideron con ela: pronto perdera os pais, o seu medio irmán George abusara dela e as relacións sexuais co seu home eran tan complicadas coma os seus amoríos coa promiscua Vita Sackville-West. Ademais arrastraba unha depresión que medrou ante a ameaza nazi sobre Inglaterra. Seguir lendo La muerte de Virginia, Leonard Woolf →

Surrealismo infantil

paraugasX. Ricardo Losada. O curso pasado dei clase de Valores Éticos en 1º da ESO (alumnos de 12 anos) por primeira vez na miña vida. Foi unha experiencia moi gratificante. Cada clase é unha caixa de sorpresas. Fales do tema que fales, sempre hai algunha intervención diverxente que me desorienta. Poreivos un dos exemplos máis curiosos. Como adoito dicir que, ao principio da clase, poden suscitar dúbidas sobre calquera tema Seguir lendo Surrealismo infantil →