Todolos artigos de: cafebarbantia

O CASTRO, tamén na orixe da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega)

Ediciós do Castro.  Logo das orixesPilar Sampedro. Dende o 30 de decembro está en Santiago esta exposición, que se inaugurou xustamente antes de que rematara o 2020, centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. A exposición, comisariada por Heitor Picallo e deseñada por Martiño Picallo, está na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes), nunha sala que pode parecer humilde, igual que a exposición que consta de tres vitrinas con libros e 10 paneis coa información temática. Con todo, o lugar é o máis axeitado que se podería atopar para Isaac, no fogar das asociacións, alí onde debe residir a sociedade civil e onde el estaría a gusto por ser un digno representante desa sociedade activa. Seguir lendo O CASTRO, tamén na orixe da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega) →

Olga Novo, perdoa se che digo…

9788416721245_1_2Gonzalo Trasbach. O infinito conmóveme e vivo na túa morte/ a ledicia de non perderte/ para sempre/ mentres a herba medre…

1. Que me perdoe Olga Novo. Que me perdoe se digo que… me parece que o nacemento da súa filla está na orixe deste Feliz Idade, pero tamén o está a morte do seu pai…

2. Que me perdoe se digo que… un tamén chorou ás agochadas sobre algúns dos poemas deste libro que visitei varias veces Seguir lendo Olga Novo, perdoa se che digo… →

Xela Arias ía en serio

25971236Fidel Vidal. No seu mellor momento creativo, e meses antes da súa desaparición aos 41 anos de idade, a editorial Espiral Maior saca a luz a súa derradeira obra: Intempéirome. Desde o comezo, con Demasiado equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990) e un agasallo ao seu fillo en Darío no diario (1996), na poética de Xela hai unha constante chamada á rebeldía, unha loita por saír ao aire libre, por romper coa represión e a claustrofobia ao que nos somete “o espazo asfixiante e limitador” imposto pola sociedade. Seguir lendo Xela Arias ía en serio →